TERTULIA

.

                       Aos meus amigos de Guillade

Fora dono do casco de Plutón pra tornarme invisible

(descasí, non de todo): estar cos ollos ben abertos

na voz un gromo de silencio

-bufa a curuxa fóra-

 

estar aí na Taberna do Alén, a carón dese lume

entre rostros amigos, voces, espiritoso viño

e ver e comprender

                             Giordano Bruno

queimado en Roma

 

por ter pensado acerca do Universo, do Infinito e dos Mundos

e saber que hai un viaxeiro a piques de baixar do tren

en Compostela e que non dará chegado

onda nosoutros

 

porque esqueceu unha contraseña exacta

porque non trae a Palabra que nos faría felices

a Palabra perdida polos homes todos

hai tanto tempo.

 

FRANCISCO XOSÉ CANDEIRA

 

Deixar un comentario