.
Aínda que a cidade te retén
de certo fura as túas noites
un vougo corazón de lata e máquina
e xa non che abonda
esta música e ámbito de rock & roll
nin a presencia do mar presentido
porque sabes que hai alá no bosque,
onde un bris alixeira e eleva,
unha palabra cômplice que agarda
escondida nas cousas ínfimas, na araxe,
na silenciosa luz,
e tamén sabes
que nacen as cousas tantas veces
debido a un pulso telúrico
ou a un rumor de fronda;
sen embargo ti quedas aquí
afincada
cidadá a carón de tanta máquina
sempre lembrando
o silencio habitado dos piñeiros
e algún modo de Olvido.
FRANCISCO XOSÉ CANDEIRA
