HA SER TEU CORPO

.

Ha ser teu riso turxente ondeando alto en teu peito.

a abrolla-lo breve abrente infindo sorriso afeito.

 

Ha ser teu corpo un olvido por rúas cegas de luz

un corpo esguío, tal bido, coa calor a contraluz.

 

Será unha ra e unha barca

reabre o teu ollar salobre

e nos teus portos, ribeiras

abertas á noite dobre,

 

arribarán quizais fontes

ou trémulas eguas albas

chegadas dos irtos montes

ata este ermo de ondas malvas.

 

francisco xosé candeira

.

Deixar un comentario