DEFINICION DO TURISMO E O TURISTA

DEFINICION DO TURISTA
Antes de começar ésta excursion através de algunhas ideias, abramos o diccionário, como quem consulta unha guia de viaxes, e busquemos nas suas páxinas o significado xusto do termo que temos que explorar. “Turista” é unha palabra nova no léxico espanhol; sinal de que a modalidade designada tem de ser unha costume recente entre nós. Turista é, no efeito, “o que viaxa pelo seu gosto” e, ainda que o povo espanhol e como el os da sua descendência non tenham sido dos menos viaxeiros, só extremando a interpretacion se pode afirmar que tenham viaxado por gosto. A fé os levou a percorrer a terra com o bordón na man unhas veces, com a pica ou o mosquete, outras; e assim , peregrinando e guerreando, foi âmpliando o horizonte familiar até rodear o mundo. Despois da fé, a cobiça, como essas manadas de selvaxems alanos que trouxeron consigo os conquistadores, seguiu o rastro glorioso. Trás o apóstol, o bigardo; e xunto ó capitán que baptizava com nomes devotos os lugares que descubria ou as villas que fundava, o traficante buscador de tesouros. Com frequência, a fé divina e a avaricia terrenal compartiron a alma dos conquistadores, cuxa fisionomía moral nos aparece tal como a viron os americanos autóctonos: um homem sobre unha besta. Peregrinos, guerreiros ou emigrantes, os colonizadores espanhois nunca viaxaron por gosto, nunca foron “turistas”. Tampouco o fixeron por prazer os navegantes ingleses que foron desenhando pouco a pouco a carta do mundo dando á Gran Bretanha o domínio dos mares. Nin menos, os exploradores que no século passado descubriron as intimidades do continente africano. Estes cabaleiros andantes da xeografia queriam encher os claros que ainda ficavam nos seus mapas (tantos espaços brancos no “continente negro” era algo intolerável). Em realidade, a costume de viaxar sem obxecto, só por recrear os olhos e descansar a mente, é unha costume nova. Fai apenas cem anos, um viaxe era unha aventura que se sabia como comezaba, mas non como podia terminar. O viaxeiro de hoxe, o “turista”, sabe de anteman quando vai a chegar, que é o que vai ver, como vai ser tratado e quando regresará. Libre de inquietudes materiais, pode disfrutar beatificamente do espectáculo que desfila ante seus olhos. Acodado á barandilha do barco, sentado xunto á xanela do comboio ou acomodado na traseira do seu automóbil, o viaxeiro moderno conhece o prazer das mudanzas de paisaxem, um prazer puro, sereno, do que nunca puideron gozar completamente nim os peregrinos, nem os aventureiros e muito menos os traficantes. É um prazer novo, a forza de limpo e com razón a palabra que o designa “turismo” é unha verba nova.
arturo cancela
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.