Astronomía

Diría que foi nas noites escuras e estreladas da infancia cando naceu a miña afección pola astronomía. Pero callou un día, cando andaba xa nos 20 anos, arredor dun libro perdido que quixo facerme compaña na convalecencia dunha enfermidade, e que tiña escondido nunha das súas páxinas un pequeno mapa con 3 ou 4 constelacións da zona circumpolar. Foi tal a emoción dese descubrimento que me sentín como o pirata da pata de pau que nunha illa deserta atopa nun cofre oculto o mapa dun gran tesouro e que a partir dese momento só soña con el. Pasou o tempo e foron miles os tesouros que se foron desvelando, e que pasaron a encher o cofre luminoso que hoxe gardo na miña querida memoria.

Este verán no clube gastro-astronómico de Guillade mercamos un telescopio para dar un novo saltiño nesta aventura cósmica. É un Telescopio Dobson GSO 203mm/1200mm (f6) DELUXE. E a primeira impresión foi espectacular. A lúa vista como nunca antes, nítida e luminosa cos seus cráteres e mares. Xúpiter cunha banda de cor e os seus 4 satélites, e moi cerca del o puntiño azul de Urano. Despois unha longa lista de cúmulos abertos e globulares, de nebulosas difusas e planetarias, estrelas dobres,… Vai agora un recordo para os cúmulos globulares M13 en Hércules, M2 en Acuario, M15 en Pegaso… os cúmulos abertos en Perseo, o M11 en Escudo… as nebulosas M8, M17 e M20 en Saxitario… as nebulosas planetarias M57 en Lira e M27 en Raposa… as estrelas dobres Albireo, Mizar, Almarak…

Algúns enlaces interesantes para introducirse ao apaixoante mundo da astronomía poden ser os seguintes:

A LÚA

Simulador de telescopios: Podemos ver a lúa a través dun telescopio no que podemos ir modificando o número de aumentos para vela máis grande.

Mapa da Lúa: Un bo mapa para comezar, coa localización dos accidentes xeográficos máis destacados (mares, cráteres, montañas, etc.). Permite unha boa ampliación.

O TAMAÑO DO UNIVERSO

Potencias de 10: Temos aquí unha presentación que nos permite visualizar como decrecen os tamaños do mundo físico, nunha viaxe que nos leva dende os confíns do universo, pasando polo tamaño humano, ata o interior dos átomos.

Tamaños e distancias no Sistema Solar (pdf de 1 páxina)

Tamaño comparativo dos planetas e das estrelas (web)

A ORIXE DO UNIVERSO

O Big Bang, o primeiro segundo do Universo , no blog Las Maravillas del Cosmos

¿Que ocurrió durante el Big Bang?

MAPAS CELESTES

Mapas celestes actualizados: Na web de Skymaps podemos descargar mapas mensuais cunha descrición breve dos obxectos estelares máis interesantes para observar nese momento.

CATÁLOGO MESSIER

Catálogo Messier (na Wikipedia): Para profundizar na observación de obxectos celestes (nebulosas, cúmulos, galaxias…) é moi coñecido o Catálogo Messier, que conta con 110 obxectos celestes rexistrados.

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL (ISS)

Web oficial da ISS. Nela pode atoparse unha sección cos horarios dos pasos visibles para calquera cidade.

FOROS DE ASTRONOMÍA

Foro de astronomía: En Asociación Hubble temos un foro moi visitado e onde podes atopar respostas a moitas das túas preguntas

Foro de astronomía da Asociación Rias Baixas, de Vigo: fan xuntanzas para observar o ceo pola zona de Vigo e tamén no alto de Fonte Fría, na Cañiza.

IMAXES DE ASTRONOMÍA

Fotos de astronomía: Da web observatorio.info

Máis imaxes nesta páxina: web elfirmamento.com

APLICACIÓNS PARA ORDENADOR

Stellarium: É unha boa aplicación para o ordenador onde podemos visualizar o ceo nocturno do día e hora que queiramos. Tamén con Google Sky podemos buscar calquera obxecto celeste e ver en que lugar do ceo se atopa.

UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE ASTRONOMÍA

Para terceiro ciclo de Primaria: O sistema solar e o Universo

Temos máis enlaces nesta páxina de Netvibes.

Deixar un comentario