Arquivo por etiquetas: Natureza

Descubrindo a Natureza a través dos contos na Casa das Árbores

En Garabelos, Chantada, Anxo Moure ensínanos a Casa das Árbores e explícanos as actividades para nenos/as que alí se desenvolven.

“Natureza, ruralidade e civilización”, de Félix Rodrigo Mora

“É central, no libro, a investigación sobre a xénese, natureza e traxectoria da institución do “concejo abierto”, como forma asamblearia tradicional de goberno das comunidades campesinas”.

 Ver Resumo da Conferencia de DE FÉLIX RODRIGO MORA EN CAPDESASO.. VÍDEO: “NATURALEZA, RURALIDAD, CIVILIZACIÓN”. VÍDEO COMPLETO.

Ver outros arquivos audiovisuais de Félix Rodrigo Mora.

Non ás fumigacións no eucalipto

Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto de 2012.

Sospéitase que tras este plan está o interese por vender un enorme stock do insecticida Flufenoxuron antes de que entre en vigor a súa prohibición. Aos pequenos propietarios de plantacións ofréceselles a fumigación gratuita e animáseos a solicitar a fumigación aérea, que loxicamente afectará a un área moito máis grande dada a natureza imprecisa deste tipo de técnicas.

Debemos mobilizarnos para salvar as abellas e o resto do ecosistema galego. ¡Nin unha pinga deste veneno debe caer sobre os montes galegos!

Apóianos!!!

Propostas para a Comunidade de Montes de Guillade (2012)

Recollido no blog: http://montesdeguillade.blogaliza.org

Agora que imos ter un relevo na Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Guillade pode ser un bo momento para presentar novas ideas e propostas en relación coas tarefas pendentes e as prioridades de actuación no futuro máis próximo, e que poidan ser valoradas pola Asemblea e a nova Xunta Rectora. Así que aquí queda unha lista de suxestións aberta para que poidades seguir ampliando nos comentarios do blog.

1. Máxima transparencia e circulación da información (condición básica para garantir un funcionamento democrático):  a única canle oficial de comunicación cos comuneiros/as a día de hoxe prodúcese na Asemblea, pero recibir información unha vez ao ano non parece suficiente a día de hoxe. Dada a maior relevancia de internet, proponse a publicación dun blog oficial da C. de Montes, onde se trasladen as noticias de coñecemento público que se produzan de interese para o monte. Tamén se pide que os comuneiros/as que dispoñan de e-mail o fagan saber, tanto para remitirlles información de interese como para servir de vía de notificación das asembleas que se convoquen (e así aforrar traballo e cartos). En relación con este punto tamén se propón que cada candidatura que se presente ás novas eleccións debe ter un mínimo programa de prioridades e presentalo na Asemblea no turno que se lle adxudique, previamente ás votacións de elección.

2. Non está de máis lembrar que conforme aos estatutos é a Asemblea quen toma as decisións, previo debate e posta en común, e non o Presidente ou a Xunta Rectora. Débese buscar o modo de incentivar o debate, de xeito ordenado, na Asemblea, e non ofrecer as propostas feitas.

3. Ter en conta pero non sobrevalorar a dimensión económica do comunal, e compensala coa dimensión ecolóxica e recreativa e de lecer. Ter unha visión a medio e longo prazo, pensando no futuro do monte, no que imos deixar aos nosos fillos e fillas, e non só pensar na obtención de rendementos no curto prazo. Noutras palabras, pensar nunha liña de desenvolvemento sostible (que se poida soster no tempo)  para o monte.

4.  Medidas de prevención de incendios: Coidar as plantacións existentes: piñeiros, carballos e castiñeiros, eliminar eucaliptos, ampliar cortalumes…

5. Resolver o asunto xudicial da nave de Albelle (recurrir a un novo avogado parece a única vía a seguir) e negociar co inquilino dos helicópteros, atender aos asuntos das extremas con Oliveira e Cumiar.

6.     Valorar a posibilidade de novas plantacións con árbores caducifolias en Albelle na zona onde se cortaron os piñeiros, e tamén na zona da Coalleira (depósitos da auga).

7. Se aceptamos que a escasa ou nula implicación dos comuneiros/as en tarefas de coidado do monte é o maior problema ao que se enfronta a comunidade de montes hoxe en día, e se queremos que todas as tarefas de xestión do monte non recaian só no Presidente ou a Xunta Rectora, debemos buscar camiños para implicar a todo aquel comuneiro/a que se ofreza voluntario, e especialmente aos máis novos da parroquia. Unha canle pode ser a creación de diversas comisións xestoras, encargadas de supervisar zonas con plantacións ou calquera outro labor que se presente e propoñer ideas para a súa mellora. Estas persoas serían as “responsables” de que a zona asignada estivese nas mellores condicións posibles, presentando propostas á Xunta Rectora ou actuando na medida das súas posibilidades. Ao final de ano deberían expoñer o seu labor na Asemblea. A modo de exemplo poderíanse crear as seguintes comisións xestoras:

– Comisión xestora de supervisión da plantación de castiñeiro e carballo en Rebordiños, contra o linde de Uma (4 ha)

– Comisión xestora de supervisión da plantación de castiñeiro na zona do Coto dos Santos (2 ha)

– Comisión xestora de supervisión da plantación de roble americano na presa de Muíños, no linde con Guillade de Arriba (1 ha)

– Comisión xestora da supervisión da plantación de piñeiro enfronte ao heliporto (4 ha)

– Comisión xestora da creación de novas plantacións de caducifolias: na zona de Albelle e na Coalleira.

– Comisión xestora do coidado das 30 has de piñeiro entre a zona do Coto da Pedreira e o Coto dos Santos.

– Comisión xestora da supervisión da eliminación de eucalipto en toda a extensión do monte comunal.

– Comisión xestora de prevención de incendios: cortalumes limpos, puntos de auga…

8.  Crear unha comisión xestora que busque novas ideas e propostas para o aproveitamento do monte, podendo comezar por realizar unha enquisa entre os comuneiros/as (fóra do lugar da Asemblea, pois só asisten a ela normalmente un tercio dos comuneiros/as) para fomentar novas propostas e facelos conscientes das súas responsabilidades. Pódese partir asemesmo da experiencia doutras Comunidades de Montes, como a C.M. de Mouriscados (experiencias con caducifolias, abellas, porcos…) ou a de Uma.

9. Unha proposta para a tesourería é que se faga unha imposición a prazo fixo, por prazo anual ou semestral, do saldo contable, en lugar de telo en conta corrente, pois achegaríanse uns ingresos non desprezables.

Ideas para un invernadeiro caseiro

Os invernadeiros caseiros proporcionan protección contra o frío e, polo tanto, é posible botar as sementes ou as plantiñas a tempo para que dean froitos ao comezo da tempada (tomates, pementos, berenxenas…)

Ver máis información no enlace da imaxe:

http://ecocosas.com/agroecologia/invernadero-casero-y-casi-gratis/

Cine en Ponteareas: O monte é noso

O monte é noso

O monte é noso é unha loita pasada que se fai presente e non acabará nun futuro

Redes – Las raíces de la inteligencia de las plantas

As plantas non teñen cerebro, as plantas non teñen unha soa neurona pero agora sabemos que as plantas perciben o que acontece ao seu redor, deféndese  contra os seus depredadores, enganan ás súas presas, e incluso se comunican entre ellas. ¿Cómo o fan? ¿Teñen sentidos coma nós? ¿Falan entre elas?.

Redes – Las raíces de la inteligencia de las plantas.

El escarabajo verde – El bosque

O arquivo de TVE atesoura as imaxes dos últimos 50 anos. Grazas a el podemos observar cómo cambioua a nosa forma de vivir, a nosa forma de sentir, en fin, a nosa forma de relacionarnos co bosque.

El escarabajo verde – El bosque.