É moi fácil caer en análises demasiado simples da realidade social: resulta que pasaba un tolo por alí, chegado dun mundo extraterrestre, e púxose a pegar tiros sen máis. Pero sexamos algo máis serios, o suposto tolo criouse no seo dun grupo social definido, que algún tipo de responsabilidade debe ter en relación co acontecido. A literatura tamén pode axudarnos a entendelo.
O blog Papeles perdidos recomenda a lectura de Mankel para entender o que aconteceu na illa de Utoya (Noruega). Ver este artigo que leva por título: “¿Que hubiese dicho Wallander?” (Wallander é un personaxe da obra de Mankel, o cansado inspector sueco, que se alimenta de comida basura e de tragarse os malos rollos do mundo, simboliza como ninguén a loita contra as pulsións escuras dunha sociedade só aparentemente perfecta)”.
“Os estados nórdicos foron sempre un exemplo de sociedades extremadamente avanzadas: nos dereitos das mulleres ou na súa capacidade para acoller refuxidos, na súa aposta pola xustiza social, os seus sistemas de saúde… Como escribiu o periodista Misha Glenny, “Noruega é o único país do mundo que utiliza as súas inmensas reservas de petróleo para axudar aos desposuídos do mundo, o país máis admirable”. Sen embargo, as novelas negras que producen estes países reflicten unha profunda inquietude, un sentimento extremo de que algo vai mal. Os autores máis famosos, Henning Mankell e o seu detective Kurt Wallander e o falecido Stieg Larsson e o seu estraño mundo de hackers, periodistas, asasinos, violadores e sádicos de todo tipo, reflicten nos seus libros ese malestar, ese mal que apareceu o venres no centro de Oslo e na illa Utoya”.

