Nesta páxina teñen cabida as noticias ligadas ao medio ambiente en sentido xeral, e aos recursos naturais de Guillade, primando un enfoque de carácter educativo cara á xeración máis nova, os nenos e nenas de Guillade. Partimos do traballo recompilado no blog Montes de Guillade, que botou a andar en setembro do ano 2008.
Pretendemos tamén xuntar a un grupo de persoas interesadas en buscar un futuro viable para os montes de Guillade. Aquí poden achegarse todas as ideas, materiais para a reflexión e o debate, recursos institucionais, etc. O obxecto é pensar un modelo que posibilite un futuro digno para os nosos montes.
As distintas posicións móvense entre un modelo estrictamente economicista, que persegue o maior rendemento económico no menor prazo posible de tempo, ata outro modelo centrado nos valores ecolóxicos e conservacionistas, onde importa máis a estética do monte, a súa sustentabilidade a medio e longo prazo, onde se pensa no modelo de monte que van herdar as novas xeracións e nos valores que se transmiten a través do seu cuidado.
E pode ser un monte salpicado de urbanizacións, repleto de eucaliptos (verdes ou queimados), ou ben onde dominen amplas extensións de piñeiro, ou onde se vexa máis ca outra cousa o amarelo e o verde dos toxos, ou mesmo onde non se vexan máis ca pedras e terra pelada, ou un monte con amplas zonas de carballeiras e frondosas, e mesmo con algunha zona dedicada a pequenas explotacións productivas.
Pois aí é onde haberá que ir escollendo.
Contamos coas seguintes seccións:
Péri Oikonomias (artigos de Antonio Argibay)
Actividades para os máis novos
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
.
MANIFESTAÇÓN NA DEFESA DO MINHO
Publicado o01/05/2024por fontedopazo | Deixar un comentario

Convocada pola comisión de Defensa do Miño tivo lugar o pasado dia 13 deste mes de maio unha manifestación no rio á que asistiron unhas 1.000 embarcacións dos dous países ribeireños. As lanchas saíron ás 11 da maña do lugar de Forcadela, en Tomiño camiño de Tui, lugar ao que chegaron ás 12,30. Nesta cidade foille entregado ao Comandante de Mariña un escrito de protesta, razonado, que contiña, entre outros, os seguintes pontos: – A protesta polo irregular caudal do rio, debido ás aperturas e peches dos encoros, sobre todo de Frieira, feitas por Unión FENOSA. – A protesta polos danos que as areeiras de aspiración ocasionan na fauna do rio, máis que nada nas angulas (meixóns). – A protesta polo medre da contaminación que vai crescendo nos rios que van morrer ao Miño e que levan resíduos das vilas polas que pasan: Louro, Coura, Tamuxa, Tea, Deva…
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)
.