Mourigade

oooooooooooooooooooooooooooooo

                MOURIGADE

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.     PRIMEIRA HIPÓTESE DE MOURIGADE

          O nome Mourigade, parece estar claramente relacionado con os mouros, non obstânte, despois d’um análise de maior profundidade, chegamos a conclusón, que non signifíca nada disso. Vou por um exemplo bastânte cómico, que pode ilustrar bem este erro garrafal. Fai poucos dias lín um libro de Gonzalo Navaza Blanco, chamado “O NOME DOS LUGARES”, no que se inclúe ésta cita (p. 41): “…en el lugar o barrio de Sayanes, al sur y a 100 pasos de la vereda de Vigo á Bayona hay un fuerte del tiempo de los árabes, pero sin otra defensa hoy que un profundo foso” (Madoz 1845: s.v. Bouzas). Este cotizado estudioso Hispano afirmaba alegremente referíndose, non se sabe bem, se ó notábel foxo do castro do Alto da Medonha ou ó lugar conhecido como o Fortinhón, que um dos devanditos lugares fora unha fortaleza do tempo dos Arabes.  Mas nós, que somos muito máis precavidos, e nem sequer temos unha reputacón que defender, non vamos caír na mesma asnéira. Muito possivelmente, MOURIGADE, non tenha nada que ver con os Mouros da Mauritânia, senón máis bem com xacimentos arqueolóxicos prehistóricos (um povoado ou castro), e outro xá histórico, mais concretamente romano. Dos quais, adjuntaremos seguidamente o mapa das probas.  Parece ser, que o nosso Mourigade, era um povoado que se afunda na noite dos tempos, encostado polos lados do sol o Coto Sobreiro, e que debia ter unha aglomeraçón de casas considerável, todas elas arrimadas unhas nas outras. Aparecen certos muros de tendência circular, e nalgunhas casas parece adivinharse como vestíbulos semicirculares. Sendo em consequência de tudo o dito, outros os mouros que por alí polulávan. Mourigade, non terra de Mouros Sarracenos, senón xacimento arqueolóxico.

Léria Cultural.

oooooooooooooooooooooooooooooo

  
IMG_0417

Caminho de Fondón

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

       A SEGUNDA TEORÍA DE MOURIGADE

.

              Aínda que um xá tivera elaborada, unha fermosa teoría sobre Mourigade.  Por certo, bastante bem feita e até científico-pró Occidental, e teimossamente renegara nela, de Mahoma, dos Mouros, e de Maurogato.  E, aínda porriba, sermos acusados por um Senhor da costa, de andar a cuspir falsedades.  A verdade é, que há no fundo deste espinhoso asunto, um mistério que permanece latênte, na poeira dos tempos e que ameaça xerminar a qualquer momento.  Unha pulsón pertináz, que ataca de noite, que é quando mais se sinten as cousas.  Unha verdade submersa, que quer levantar cabeza, e falar da sua razón silenciada.  A palabra máxica,  “Saladina”! Nome de um dos mais velhos habitantes de Mourigade, foi a bomba que surxíu da noite dos tempos.  Pondo tudo patas arriba!  Todos os fundamentos e aliçerces do edifício lóxico da primeira teoría, abalaron!  Pois, como uns poucos afortunados sabemos, a tál Saladina, era parente de Mahomé!

              ¡¡SHALAM MALEIKUM!!

LÉRIA CULTURAL

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

              EIDO DO COTO

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

         EIDO DA CASQUILHA

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

IMG_0079

         A que foi a casa da Casquilla

No alto de Mourigade: Casa moi popular polo oficio da costura, ó morrer a mestra Generosa, os seus fillos herdeiros emigraron, niste caso o seu irmán facía de apoderado, entón facilitou o seu servizo para varias facetas.  A primiera foi a morada da Natalia, a “modista” máis o seu marido, isto foi no decorrer do ano 51. No ano 55 a petición do Sr. Abade de Guillade, hospedáronse alí os Reverendos Párrocos de Uma e Auxiliares de Guillade.

1. D. Severo de Albeos

2. D. Antonio de Cequiliños

3. D. Juan do Rosal.

A finais do ano 65 fixéronse alí gratas xuntanzas amenizadas con bos cochofritos de coello, e bo viño da terra.  A partir do ano 67 figura esta casa como local oficial do Teleclub de Guillade, en concepto de trámite porque a práctica facíase na casa da fidalga. Sucedéronse varios presidentes. A Fundación Franco concedeulle un crédito de 10.000 ptas para melloras, a pagar en dez anos. Como isto non se fixo por falta de administración, os homiños de Pontevedra remitíronme unha carta oficial ao meu nome como presidente responsable de todo o que atendía ás normas de Teleclubs, ameazándome co embargo.  Entón Xosé da Casquilla aquela noite xa non durmiu tranquilo, e na mañanciña duns luns de marzo de 1980 fixen a miña escusa, paguei as dez mil ptas, e o Teleclub foi dado de baixa naquel mesmo día. Lémbrome ben que fun a Pontevedra debaixo de unha grande tormenta.

(J.G. Sebastián – Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

Paco da Casquilla, repartindo mariscos em Lisboa.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

 O cura d’Uma non tiña medo dos tronos

Era um cura novo, moderno, desperto para o progresso, um amado filho da victória científica.  Paradoxalmente, este relixioso non cría em superstiçóns, imitando a San Martinho Dumiensis, era partidário de punir as crênças dos rústicos, sempre teimosos, na hora de humanizar os seus deuses pagáns. Mas um funésto dia, em que deitado na sua cama, disfrutaba através das ondas radiofónicas, d’um edificânte parte patriótico, mas, um maldito e luciférico ráio, veio provar a sua fé científica, invadindo unha centelha de fumo toda a sua estância.  O pobre do home, non puido mais que abrir a ventana, e gritar com todas as suas forzas. ¡¡ACUDI Ó SENHOR CURA, QUE MORRE AFOGADO!!

Eira comunal

oooooooooooooooooooooooooooooo

             EMIGRACION á ALEMANHA

Na noite de dous de Decembro de 1962, pasei pola traxedia mais grande da minha vida. Viaxaba para Alemanha nunha rebañada de homes, así como douscentos; a meirande parte deles eran das “Rias Baixas” non faltaban troulas, gaitas, pandeiros e aturuxos. Alá polas tres da mañancinha achegandonos ás terras de Burgos, escomenzou a feder a queimado, eixiña escomenzamos a saltar como galiña no poleiro ¡que pasa! pasa que o vagon onde eu viaxaba xa chegaba o lume aos asentos, nese intre xa nos xuntamos nunha morea e todos buscamos o mesmo, que era sair todos xuntos, unhs polas portas e outros polas ventanas, outros non querian sair sem as suas maletas, que moitas eran de madeira, cargadas de patatas, porco e garrafas de augardente, que é o habitual na emigracion. Logo foi o peor, cada cal votouse fora como puido, os primeiros foron aqueles que tiveron menos sorte, non so se zamparon por unha fraga abaixo chea de cascallos e lixos cubertas por un metro de neve, senon que recibiron as maletas que tiraron os companheiros mais prevenidos polas suas cabezas, así acabou a historia hasta que puxeron outro furgon resultando somentes alguns feridos.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

          CASA DA RECRUTA

oooooooooooooooooooooooooooooo

        Um portugués na nossa Terra

Este foi o Sr. Silva, primeiro morou no alto de Mourigade, na casa de “Recluta”. Cando esta casa foi comprada por María e Daniel, o Sr. Silva pasou a morar nun cortello amañado de fronte á casa da Leonora, que era asturiana. O portugués era un artista traballando na pedra. Todos os domingos ía a cargar os cabalos á tenda do Rixón en Uma. Cando baixaba polo “Coto” desenrolaba os seus discursos en voz alta. Isto pasaba todos os domingos ou festas de gardar. Este sermón terminaba na súa xanela, cara á Cruz do Valado. O que máis pregoaba era que hai que respectar a “Ferradura do Cabalo”. Esta faena daba fin alá polas tres da madrugada.

(J.G. Sebastián – Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

        EIDO DA QUINTANILHA

oooooooooooooooooooooooooooooo

          EIDO DA CAMANHA

oooooooooooooooooooooooooooooo

    EIDO DA PEPA DO CAPITAN

oooooooooooooooooooooooooooooo

                  MANUEL AMORIN GONZALEZ O CAPITÁN

Home inxenioso e servicial. Deixou grandes lembranzas no noso Guillade. Era un cazador nato, con todo tipo de artimañas, era un matachin “a vuelo” e no banco, era carniceiro, carpinteiro, ferralleiro, electricista, enxertador en todalas suas variantes, en fin un polifacetico. Naceu na casa materna no lugar de Pazos, finou na sua casa de Mourigade os 67 anos o 17 de Xulio de 1990. E curioso que o seu abó, que era o Portela Vello procedia de Salvaterra, e casou na casa do Capitan.  Este home era tan valente que se xunguia co seu boy mais forzudo para remudar o boy mais sinxelo pola costa do rillon.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

Um sol agarimoso brinca na fiestra

.

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

     EIDO DA PRESA D’ARRIBA

oooooooooooooooooooooooooooooo

             EIDO DA XANICA

oooooooooooooooooooooooooooooo

             EIDO DA PRESA

                        FRANCISCO RODRIGUEZ MONTERO

.

         “O Maestro da Presa”, como se lle coñecia cariñosamente. Descendente de familia tradicionalmente religiosa. Nace na casa do Furudo, barrio do Eirado. Casou con Dona Hermosinda Bouzó Montero, tiveron do matrimonio 11 fillos dos que viven 10. Cursou magistério na escola normal de Pontevedra, recibiu o título de Maestro o 7 de Marzal de 1921.
Rexentou várias escolas da provincia, entre outras Sanxenxo, Achas, Gulans e Cumiar, e últimamente impartiu o ensino na sua Parroquia natal que foi Guillade. Aqui foi agasallado calurosamente polos seus veciños con motivo da sua xubilacion, o 19 de Xulio de 1964.
O 22 de Xulio de 1979 falleceu na sua casa en Mourigade.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

O Maéstro da Presa.

.

As Pias de pedra, encerran algo da eternidade.

A Farinha de Carulos, fai prisón de ventre.

O encanto do lavadouro.

.c

Pedra do Lagar

Este peso era levantado no ar por um fuso de madeira, para prensar o bagaço.

Outro peso de Lagareta

oooooooooooooooooooooooooooooo

          EIDO DOS QUINTOS

O Progresso non se atreveu, perante esta Hamadríade dadora de cereixas.

 
 

Respeito perante a Natureza.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

    O REGUEIRO DE SORRIBAS

As aguas lamacentas pola chuva.

O Muiño da Ferreira, no regueiro de Sorribas em Cancelos.

Unha noite no muiño, unha noite non é nada

Unha semaninha enteira, isso si qu’é muiñhada.

Caminho empedrado, que atravessava o regueiro na direcion do Pio.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

            EIDO DA XACOBA

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO


oooooooooooooooooooooooooooooo

           EIDO DA FERREIRA

oooooooooooooooooooooooooooooo

                  MANUEL DA FERREIRA

.

Tivo un fallo nos foguetes e foi chamado á atencion, e entón el amosa as suas excusas.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

 

Um cogumelo de pedra.

Eido velho da Ferreira.

oooooooooooooooooooooooooooooo

          EIDO DA MASQUINA

oooooooooooooooooooooooooooooo

oooooooooooooooooooooooooooooo

           EIDO DA LIANORA

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

MANUEL DA RENGA E ELEONORA DE MARCOS

Para interes dos nosos lectores especialmente da xente de Mourigade queremos engadir algunhas paródias con sentido do humor, coa finalidade, de facerlles a vida mais grata a todos os que a rodeaban, esta mulher era “Eleonora de Marcos”, filha de Asturiana e o seu pai foi nado en Mourigade, iste home conquistou a sua dona cando facia a sua vida militar en Xixon (Asturias), deste matrimonio nacen dous fillos, cando finaron os seus pais a herencia pasou a Eleonora coa sua símpatia asturiana. A cotio tiña as suas parrafadas co Señor “Manuel da Renga”, cada cal decia aquilo que lle petaba, voulle contar a modo de anécdota o que argallaban istes dous personaxes.
…Era un ano de moita colleita de viño, el dicialle… Leonora eu non teño onde metelo… e Leonora decialle, Manuel, a min non che me cabe, o señor Manuel quem o queria ver furioso, era chamarlle señor Colon. Do señor Manuel queremos salientar as suas artes e aptitudes e mais o convivir gratificante ao longo de unha vida  diste noso veciño. Era  albañil a usanza, caleador, retellador, era especialista en buscar pingueiras de augas nos recunchos dos tellados do país.

J.G. Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

                               O SILVA

              Foi um português, a quêm a necessidade trouxo até nós, para trabalhar nas obras de construçón da estrada.  Pois, como nunca encontrara nada melhor na sua vida, por aquí, entre nós quedou.  Primeiramente vivía na altaneira “Casa da Recruta”, um formidável poleiro oratório, dotada de unha bonita xanela sobre o val.  Do qual se aproveitava, e atè abusaba, para dar demorados discursos, que sempre acabavam com a mesma sentênça “há que respeitar as ferraduras dos cavalos”.  Parece ser, que os paciêntes vecinhos se cansaron de tanta lenga-lenga, e acabou desterrado nunha corte do fundo de Mourigade, ó lado da “Casa da Lianora”.  Unha pequena corte, que conservava todo o encanto doutrora, com um bonito pátio semí-circular coberto pela sombra benefactora d’unha videira.  Alí passou este ser humilde, vindo de lonxanas terras, os seus últimos días. ¡Que a terra lhe sexa leve!.

a irmandade circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

              EIDO DO LEDO

oooooooooooooooooooooooooooooo

From Mourigade

                        UM TESOURO

Há em Mourigade um tesouro oculto, nunha fenda de terra estreita do Eido do Ledo, agouchado polas folhas rasteiras dos carbalhos. Está tán perfeitamente escondido, que um pode estár ó seu carón meio metro, sem dar-se conta do que alí  existe. Tráta-se dunha mina arcáica, que debía abastecer o povoado de água fresca, e que servia tamém para regar as hortas. Algo así como unha reserva secreta para largos assédios. Quando a água de Uma rega as veigas da chán de Fondón, o caudal da mina aumenta subitamente de forma sorpreendente, o qual è bom, sempre que non arraste productos químicos dos herbicídas, dos sulfatos das vinhas,  dos venenos das batatas, ou do inseparável companheiro do labrador moderno, o substâncioso Nitramón.

Eira Comunal

A mina escondida.

oooooooooooooooooooooooooooooo

 a irmandade circular comunal no ledo

DSCN5097

A Irmandade no Eido do Ledo.

oooooooooooooooooooooooooooooo

A casa velha

                                                                                                    
oooooooooooooooooooooooooooooo

           EIDO DA FERREIRA

oooooooooooooooooooooooooooooo

          O baile da Forxa da Ferreira

No ano 41, organizouse un baile especial na casa do serán, entón era na Forxa da Ferreira, lugar de Mourigade. Entre mozos e mozas contratamos un gaiteiriño, coido que era o Vergas de Puzo e logo por ser día de ano novo, fixemos un imprevisto de enganche da luz desde a casa da presa, estas foron cousas de  Luciano e miñas, entón o baile coa luz eléctrica era unha ledicia, xuntouse tanta xente que moitos tiñan que subirse ás fornallas, eran mozos de Valiño, todos os Vidales, eran de Uma o Xan Benito e Albino da Viña, e moitos máis. Cando o baile estaba no mellor, alá polas once da noite, de súpeto entraron dous homes armados, un deles cunha escopeta e outro cunha estaca de carballo ¡no se mueva nadie!, dicía o da escopeta, ¡todos manos arriba!… Neste intre o xefe deu orde ao axudante ¡Arrea! A xentiña, todos os que máis e os que menos escomenzaron a mexar polos pantalóns, outros puideron escapar polo camiño, un pouco antes da estoupida da bombilla o xefe dixo: Isto é unha denuncia. ¡Ai, meus filliños! non aconteceu unha desgraza por verdadeiro milagre, todos a repotar uns nos outros saímos para o camiño, logo foron aclarándose as cousas, que fora unha esquifa que fixeran coidando que tiñamos feito un enganche na liña e máis para facer esta manobra tiñamos que ter permiso do Señor Touriño, a cousa quedou en nada, a festa terminou ás altas horas da madrugada.

(J.G. Sebastián – Xosé da Casquilla)

Unha Fiestra

O Caminho da Ferreira.

Esta Cancela é como um simbolo do lugar.

oooooooooooooooooooooooooooooo

      EIDO DA PERRENGUELLA

Este caminho marca a fronteira entre Uma e Guillade, e vai á Veiga de Baixo, atravesando o rio Uma por um vieiro de pedra até Paradela.

O Caminho da Xesteira

oooooooooooooooooooooooooooooo

               PEDRO DA PERRENGUELLA

.

.

Da família das Moxénas, logo casou con Generosa da Masquina. Home moi querido en Mourigade, retornado de Lisboa como todos nos. Xa no seu eido da Terra, armouse de tres cousas; un burro fariñeiro, un coitelo de matar or porcos e un arado de pau, a modo da usanza naquél tempo, nas duas especialidades de matador e labrador era dono e senhor. El facía ledícias coas mulheres que lle prestaban servicios coas sachas ou logons, sempre era acompanhado por unha ducia de mozas ou menos mozas. Cando chegaba a carón daquela  que mais lle gustaba, soltaba unha man da xarrua  e coa outra enfiaballe  por entre as pernas arriba, e nestes intres eran as gargalladas de todas as compañeiras, e Pedro todo contente cantaba-lle unha cantiga portuguesa:

Ora aquí, ora acolá

eu ando en brazos patéta

en busca dunha menina

quen ça façer unha puñeta

J. G. Sebastian (Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

                 CANCÉLOS

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

Este fermoso caminho vai á Presa da Rega, que banhava abundantemente A Val.

>

A Presa da Rega, aqui finda o Regueiro de Sorribas, que nasce em Barreiros e morre num dos sítios mais bonitos do rio Uma.

3 respostas a “Mourigade

  1. Pedro Antonio Alonso. Vigo.'s avatar Pedro Antonio Alonso. Vigo.

    Resabiado de Guilhade, atribúes-lhe a Navaza umha cousa que ele nom diz nesse livro dos nomes de Saiáns. Lé de novo e deixarás de cuspir falsidades. Ademais de que o Fortinhon e o Alto da Medonha som duas cousas distintas, a muita distáncia umha da outra, Navaza aí reproduz umha tradizom popular local que é a que fala do “tempo dos mouros”. Noutras obras de Navaza explica-se bem que Mourigade e Morgade procedem do nome persoal medieval Mauregato. (P. Alonso, Saiáns).

    • Os nossos agradecimentos ao Senhor Pedro Antonio Alonso de Saiáns pela súa preocupación, e por ter lido o nosso escrito. Que hoxe em dia haxa xente capaz de interesarse por estas matérias xa é de louvar.
      Rectificamos o que está mal, como é de xustiza, e pedimos disculpas pola excesiva impetuosidade da xuventude, pois trátase de conversas distendidas, que son despois pasadas de mala maneira á forma de artigo, no que consideramos ser um saudavel exercicio de heterodoxia.
      Non obstante, seguimos mantendo a nossa discrepancia sobre o orixem da palabra Mourigade.

      Um saúdo fraternal.

  2. Fantastico Traballo!!!!!

Deixa unha resposta a santyeva Cancelar a resposta