Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Os nosos blogs
Arquivo da categoría: Conciencia social
Salvados: Oligopoly (O xogo da enerxía)
Parece que o programa do pasado domingo de “Salvados” (na Sexta ás 21:30) causou desazón no sector das eléctricas. Por primera vez un periodista atreveuse a denunciar o que todos sabemos por experiencia: a situación de oligopolio, a falta de transparencia, a complicidade cos políticos e os seus beneficios esaxerados a conta dos nosos petos. Estes xigantes non só teñen na súa nómina a ex ministros e ex presidentes (¿como pago de favores?), tamén engordan a un bo número de periodistas para que defendan coa pluma os sus intereses. E ademais, debido á situación de crise dos medios de comunicación, utilizan a arma do investimento en publicidade para garantir que sempre terán tratos favorables.
Alimentación sa
“É un erro seguir tomando lácteos na idade adulta”
Entrevista coa experta en nutrición enerxética Montse Bradford sobre os erros máis comúns cando eliximos con que nos alimentamos.
Déixanos o filósofo Agustín Garcia Calvo
(Imaxe publicada en www.anticapitalistes.net)
Pinchando no enlace de pe de foto accedemos ao texto do discurso pregonado o día 19 de maio do 2011 na Porta do Sol, en Madrid.
Ver noticia ampliada na sección de Cultura do diario El País
Na web de Editorial Lucina podemos atopar todas as publicacións de Agustín García Calvo, e tamén tertulias, conferencias, discursos, etc.
A polarización social no sistema educativo, de Vicenç Navarro
La polarización social en el sistema educativo 2012-09-11
Artigo publicado por Vicenç Navarro na columna “Pensamento Crítico” no diario PÚBLICO, 11 de setembro de 2012.
Artigo publicado por Vicenç Navarro na columna “Pensamento Crítico” no diario PÚBLICO, 11 de setembro de 2012.
Este artigo explica como o sistema educativo reproduce a polarización social a través da transmisión de valores que cambian segundo as distintas clases sociais do país.
“Natureza, ruralidade e civilización”, de Félix Rodrigo Mora
“É central, no libro, a investigación sobre a xénese, natureza e traxectoria da institución do “concejo abierto”, como forma asamblearia tradicional de goberno das comunidades campesinas”.
Ver Resumo da Conferencia de DE FÉLIX RODRIGO MORA EN CAPDESASO.. VÍDEO: “NATURALEZA, RURALIDAD, CIVILIZACIÓN”. VÍDEO COMPLETO.
Publicado en Conciencia social, O medio natural
Etiquetado Libros,Monte Comunal,Natureza,Política
Marinaleda, a utopía comunista
“Una utopía hacia la paz”. Este é o lema do escudo de Marinaleda. Unha vila sevillana de 2.700 habitantes, cuxo alcalde, Juan Manuel Sánchez Gordillo, apareceu en todos os medios despois de participar nunha “expropiación” a un supermercado para suministrar alimentos a un comedor social.
(Ver noticia completa no Huffington Post)
Karlos Arguiñano como comentarista político (Diario El País)
Recollemos no blog El Comidista, esta entrada a propósito dos comentarios políticos do cociñeiro Karlos Arguiñano no seu programa de televisión. Na citada entrada pódense ver dous vídeos con algúns dos comentarios de Arguiñano. Debe un cociñeiro “meterse en cuestións políticas”?
“También hay quien sostiene que un cocinero no debería meterse en cuestiones políticas, postura que me subleva especialmente. ¿Por qué? ¿Quién lo dice? ¿No puede uno expresar libremente sus opiniones sobre cualquier asunto tenga la profesión que tenga? Que fastidie que en un programa de cocina se hable de lo que ocurre ahí afuera refleja esa mentalidad cejijunta heredada del franquismo que no nos terminamos de quitar de encima en este país. Señores, es su programa, sus seguidores lo ven por él, y entiendo que les pueda interesar lo que el chef piensa de la complicada situación por la que estamos pasando. ¿Que te molesta? Pues te pasas a ver a las monjitas de 13TV, que sus recetas también son fantásticas”. Mikel López Iturriaga, El Comidista.
O declive do ciclo socialdemócrata
Interesante artigo de Enrique Gil Calvo, publicado no diario El País.
Nel fai un resumo, a partir dun par de libros publicados, dunhas teorías sociolóxicas que aventuran o fin do ciclo socialdemócrata que dominou en Europa despois da segunda guerra mundial ata os nosos días.
Comeza do seguinte xeito: “¿Asistimos al final del ciclo histórico de hegemonía progresista? Para entender la decadencia de la socialdemocracia puede ser útil atender los planteamientos sociológicos de Colin Crouch (La postdemocracia, Taurus, 2004) o Emmanuel Todd (Después de la democracia, Akal, 2010), que analizan su declive en clave infraestructural. Según esta perspectiva, por socialdemocracia puede entenderse la coalición histórica que se construyó entre el movimiento obrero organizado y las nuevas clases medias de funcionarios, empleados de servicios y profesionales por cuenta ajena (no confundir con las viejas clases medias de agricultores, comerciantes, artesanos y profesionales autónomos)”. Continuar lendo en El País.
Blogs para curiosear: Principia Marsupia
Inauguramos esta sección de recomendacións de blogs dos que asinaríamos algúns ou moitos dos seus artigos, co blog Principia Marsupia, de Alberto Sicilia, investigador en física teórica,
e moi visitado estes días pola publicación do artigo “Carta dun investigador al Rey Don Juan Carlos”, pero que tamén ten bos artigos sobre literatura, ciencia e outros temas sensibles, intercalados con notas de humor.
Recomendo entre eles:
Los beneficios de mi fracaso Las ideas científicas más hermosas, profundas y elegantes La ciencia es poesía: somos hijos de las estrellas ¿Quién enseñó inglés a William Shakespeare? La verdad de un actor Primera carta a Camps Segunda carta a Camps Cambridge y yo Adiós maestro Kurt Vonnegut: humor, inteligencia y ternura Mis mujeres, Alfred Hitchcock y los chistes malos Pienso, luego ya tu sabes Selección de chistes malos Física Cuántica para orangutanes perezosos ¿Es fácil construir una bomba atómica?Publicado en Conciencia social, Tempo de lecer
Etiquetado Astronomía,Blogs para curiosear,Humor,Literatura
A civilización do espectáculo
Recollemos unha entrevista a Mario Vargas LLosa, no diario El País, con motivo da publicación do seu libro “A civilización do espectáculo”.
Nela, o autor fai unha crítica da banalización da cultura actual, da perda de valores da cultura clásica, en beneficio do reinado universal do entretemento.
Contrariamente á ilusión de que o acceso dunha gran parte da poboación mundial á cultura clásica ía mellorar a humanidade, sucede todo o contrario, é a condición humana actual a que devora á cultura clásica e que trivializándoa e banalizándoa convértea en frívolo espectáculo e pasatempo.
Simiocracia, de Aleix Saló
Este vídeo, a modo dunha segunda parte de “Españistán” cóntanos cunha animación divertida a orixe e a evolución da crise económica en España a partir do 2008, resultado da interacción entre tres axentes principais: a Administración, Bancos e Caixas e as Empresas Inmobiliarias.
Rebelación
Se pinchades aí ides descubrir o xerme dunha nova clase de seres deste planeta que queren vivir sen tanto capitalismo financieiro. É complicado que trunfen, tan sequera que isto vaia máis alá de meras ideas humanizadas. Mais vale a pena saber que hai quen pensa diferente.
A quen serve a Xustiza en España?
“O xuíz Baltasar Garzón, quen permitiu desarticular o crime de Estado dos GAL durante o mandato socialista, as redes de narcotráfico máis poderosas, o entramado que alimentaba a ETA, algunhas das células do terrorismo islamista máis peligrosas que operaban en España e a rede de corrupción masiva máis extensa vinculada ao PP, foi condenado por sete maxistrados do Supremo a 11 anos de inhabilitación por prevaricar ao ordenar gravar as conversas dos xefes da rede Gürtel cos seus abogados no cárcere” (Tomado do artigo de José Manuel Romero Un fallo prevaricador? en El País.)
O diario El País publica o Comunicado de Baltasar Garzón tras ser inhabilitado polo Supremo.

(Imaxe enlazada dende o diario El País)
As múltiples caras da máscara
Artigo publicado no diario El País (05-02-2012)



