Arquivo por autores: guilladenses

Linux, o trunfo silencioso

Móviles, empresas, entornos críticos e a infraestrutura da Rede funcionan con este sistema.

Reproducimos este artigo do diario El País, porque parécenos que vén a conto para facerlle publicidade a GNU/LINUX, é dicir, ao sistema operativo LINUX e ás aplicacións baixo licencia GNU, coñecidas como software libre.

Libérate das imposicións do mercado, atrévete a aprender e dálle personalidade ao teu ordenador!

O pinguín, símbolo de Linux.

Blogs para curiosear: Principia Marsupia

Inauguramos esta sección de recomendacións de blogs dos que asinaríamos algúns ou moitos dos seus artigos, co blog Principia Marsupia, de Alberto Sicilia, investigador en física teórica,

  e moi visitado estes días pola publicación do artigo “Carta dun investigador al Rey Don Juan Carlos”, pero que tamén ten bos artigos sobre literatura, ciencia e outros temas sensibles, intercalados con notas de humor.

Recomendo entre eles:

Los beneficios de mi fracaso
Las ideas científicas más hermosas, profundas y elegantes
La ciencia es poesía: somos hijos de las estrellas
¿Quién enseñó inglés a William Shakespeare?
La verdad de un actor
Primera carta a Camps
Segunda carta a Camps
Cambridge y yo
Adiós maestro
Kurt Vonnegut: humor, inteligencia y ternura
Mis mujeres, Alfred Hitchcock y los chistes malos
Pienso, luego ya tu sabes
Selección de chistes malos
Física Cuántica para orangutanes perezosos
¿Es fácil construir una bomba atómica?

Non ás fumigacións no eucalipto

Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto de 2012.

Sospéitase que tras este plan está o interese por vender un enorme stock do insecticida Flufenoxuron antes de que entre en vigor a súa prohibición. Aos pequenos propietarios de plantacións ofréceselles a fumigación gratuita e animáseos a solicitar a fumigación aérea, que loxicamente afectará a un área moito máis grande dada a natureza imprecisa deste tipo de técnicas.

Debemos mobilizarnos para salvar as abellas e o resto do ecosistema galego. ¡Nin unha pinga deste veneno debe caer sobre os montes galegos!

Apóianos!!!

A civilización do espectáculo

Recollemos unha entrevista a Mario Vargas LLosa, no diario El País, con motivo da publicación do seu libro “A civilización do espectáculo”.

(Mario Vargas Llosa en su casa de París en 2003. / DANIEL MORDZINSKI)

Nela, o autor fai unha crítica da banalización da cultura actual, da perda de valores da cultura clásica, en beneficio do reinado universal do entretemento.

Contrariamente á ilusión de que o acceso dunha gran parte da poboación mundial á cultura clásica ía mellorar a humanidade, sucede todo o contrario, é a condición humana actual a que devora á cultura clásica e que trivializándoa e banalizándoa convértea en frívolo espectáculo e pasatempo.

Simiocracia, de Aleix Saló

Este vídeo, a modo dunha segunda parte de “Españistán” cóntanos cunha animación divertida a orixe e a evolución da crise económica en España a partir do 2008, resultado da interacción entre tres axentes principais: a Administración, Bancos e Caixas e as Empresas Inmobiliarias.

Materias cargadas de soños

(Manuel Vicent, A favor del placer, 1993, p.240, Un breve artigo no que sitúa o sentido do tacto na xénese do pensamento, a sensibilidade e o espíritu)
Grazas ao desenvolvemento do dedo polgar, que converteu a man nunha grampa, certo mono puido un día coller un pau e con el comezou a xogar. Aconteceu hai un millón de anos. Este xogo excitou o cerebro daquel primate, que se fixo enseguida fabricante de armas. A intelixencia sobreveulle mentres tallaba toscamente a machada de pedra ou a consabida queixada de asno, pero este creador non aprendeu a acariñar a súa obra ata que a palma da súa man, perdendo todo o pelo, non se volveu sonrosada. Na evolución da especie hai un momento sagrado; aquel en que certo mono pasou por primeira vez con suavidade as xemas dos dedos por unha superficie e sentiu un pracer indicible. A través da pel, esta emoción do tacto incorporou a materia ao espíritu, e dende entón o home, cando acariña outro corpo, sóñao. Se a acción da man enxendrou o pensamento, o delicado roce da pel foi alimentando a sensibilidade do ser humano (…).
Hai materias cargadas de soños: o ámbar, o ébano, as noces do sándalo, o marfil, certa carne amorosa, a porcelana fría, a culata dalgúns revólveres, a seda que se adapta aos pregues do aire ou o liño que vestiron os deuses cando eran xoves, calquera coitelo que matara.
Unha existencia marabillosa pode transcorrer sen pensar nada, nutríndose só da enerxía que despiden certos obxectos ao acaricialos. Talvez unha vida enteira xustifícase con este feito tan simple: deslizar a man por unha xerra da dinastía Ming, percorrer sutilmente coa xema do índice o fío dunha navalla, deixar que se pousen sobre a palma feminina uns testículos de mármol esculpidos por Fidias, o corpo perfumado dalgún libro, a caoba do salpicadeiro dun Rolls-Royce, unha machada de sílex en forma de corazón, os panos de todas as cerimonias, os ídolos. Canda acaricias eses obxectos, soñas, e á vez, dentro do pracer que produce o seu tacto, por el eres creado.

A quen serve a Xustiza en España?

“O xuíz Baltasar Garzón,  quen permitiu desarticular o crime de Estado dos GAL durante o mandato socialista, as redes de narcotráfico máis poderosas, o entramado que alimentaba a ETA, algunhas das células do terrorismo islamista máis peligrosas que operaban en España e a rede de corrupción masiva máis extensa vinculada ao PP, foi condenado por sete maxistrados do Supremo a 11 anos de inhabilitación por prevaricar ao ordenar gravar as conversas dos xefes da rede Gürtel cos seus abogados no cárcere”  (Tomado do artigo de José Manuel Romero   Un fallo prevaricador?   en El País.)

O diario El País publica o Comunicado de Baltasar Garzón tras ser inhabilitado polo Supremo.

(Imaxe enlazada dende o diario El País)

As múltiples caras da máscara

Artigo publicado no diario El País (05-02-2012)

Anonymous destapa datos personais de supostos partidarios da ‘lei Sinde’. As redes sociales incéndianse. Choven apoios. E críticas. Incluso entre os ciberactivistas. Catro ‘anons’ falan para EL PAÍS

AS MALAS HORAS

AS MALAS HORAS

Habia um home de teatro Galego, que eu conhecin meramente por acaso da fortuna, nunha noite de bohémia Viguesa. Este rapsóda, como tantos outros muitos lastimosamente abandonados e finalmente perdidos para todos nós, tinha unha aureola de xenealidade deslumbrante. Voltei a velo um par de veces mais, unha na TV Galega e outra na Televisao Portuguesa, onde participou como assesor num programa merdento do tipo asalto á fama. Apesar da mediocridade do espectáculo, sobresaía a sua grande xenerosidade e talento verdadeiro sobre este mundo rasteiro.
Contando contos era maxistral, criou um personaxe que se chamava o “Vidinhas” para as suas aventuras literárias, unha das falcatruas que mais me gostou  era mais ou menos así:

A fermosa e louzana Balbina, a roupa seca á flor do crepúsculo recolheu, e como um sol dourado desapareceu na penumbra da noite cálida, deixando mortalmente estendida a corda sobre o caminho. O Vidinhas que vinha de bicicleta, non se sabe donde, as tantas da manhan, quedou levitando enganchado polo pescozo. E a bicicleta fantasmal continuou sola o seu percurso, indo assustar de forma bestial o Xosé das Tundas, home de escasa tempranza, que retornava ós seus aposentos, após larga xornada de boa vida, dissípada em tabernas e tubúrios de mala fortuna. O ver aquela assombracion andar sola, montada por seres doutro mundo, apanhou semelhante cagazo que quase morre dum infarto, quedando ali tremelicando fora de sí.
Em mala hora apareceu o Vidinhas, que resmungaba e maldecia a sua burra mecânica, posseedora de todos os calamitosos defeitos da raza asnar. O Xosé das Tundas, xa non puido aguantarse mais, foise a el e malhou até que xa non tivo mais folgos, praguexando de contínuo contra estes graciosos, que se dedican a assustar a xente de bem ás altas horas da noite.

Léria Cultural

A I T V DAS CASAS

Quero com este urxente artigo, alertar para a aproximacion á nossa órbita satélitiana, dum novo tributo, que a unha velocidade cósmica se aproxima da parvalheira, percorrendo as enormes distancias espaço-temporais que nos separan da modernidade, com unha facilidade sorprendentemente acelerada.
As tan desexadas reformas liberais, avanzan a um ritmo tamanho, que segundo é previsibel este novissimo dos negócios pronto campeará entre nós. Chamase a I.T.V. das casas, e consiste em que unha lexion de apóstolos préviamente privatizados, e altamente qualificados, percorreran as vivendas das victimas golpeando as paredes, para ver se son aptas, isto é se están em perfeitas condicions de habitabilidade, porque de non ser o caso, xa vexo mais de um dormindo ó aire libre.
Deronse conta, que isto da revision dos autos é unha mina inesgotábel, e intentan expandir o negócio a outros campos, e munha etapa posterior, quando a medicina xa estexa totalmente privatizada, enton tamen será a nossa ves de passar revision, e temo que muitos teremos sérias dificuldades para passala.
Falando do chuchamento de tutanos cerebrais, ha abundantes possibilidades de que no Universo a estúpides chegue a ocupar o lugar do hidroxénio.

Léria Cultural

O FIM DO MUNDO

Adolfo Fernandez, narrou com a sua habitual vehemencia, este conto tan real como a vida mesma, e que foi o que mais me gostou entre os inumeráveis, que conforman a seu repertório fecundo.
O home levantouse para fumar um cigarro no alpendre da sua casa, um Domingo pola manhan, disfrutando da suave frescura e dos delíciosos cantos da paxarada madrugadora.
Insuspeitadamente, desatouse semelhante dilúvio sobre o telhado da sua casa, que começou a ver desfilar diante sua, arrastadas pela torrente, todas as aves do corral unha por unha, despois vem o porco, que se debatia furibundo na desesperada espiral das águas turbulentas.
Enton, como que intentando reaxir, gritou para a sua mulher que se encontrava na cama.

¡¡ Levantate Concha, que hoxe é o fim do mundo !!

Tudo isto tem unha explicacion lóxica, que intentarei expor com seriedade:
O Sabado pola tarde, unha excavadora do Concelho que andava humanizando a zona, retirou toda a terra que servia de suporte a um cotovelo da conducta principal da traída de águas de Salvaterra, a curvatura cedeu á presion e desencaixouse, polo que non sei quantos miles de litros por segundo, foron cair certeiramente sobre o telhado da casa deste honrrado cidadan, que se atopaba disfrutando dum dos escassos momentos de lecer que a vida nos permite.

Léria Cultural

POR QUE COSA LUCHAMOS

Y ¿por que cosa luchamos?

Pues luchamos por lo que no existe, claro.

Si no, ¿que gracia tiene?

Para luchar por lo que ya existe ya están ellos,

Los ejecutivos del estado del bienestar, y por

Ello están luchando cada dia y procurando

que todo ciudadano luche por lo mismo, por

lo que existe.

  Agustin Garcia Calvo

AS ARMAS NUCLEARES TACTICAS

Quando um destes presidentes modernos, falou na possibilidade de utilizar bombas nucleares tácticas em Europa, todos os idiotas de turno se riron ante tamanha barbaridade, surxiron inmediatamente os exegetas televisivos que explicaron ás boas xentes, que o presidente non quixera decir o que dixo, senon que queria decir o que non dixo.
Como é natural, todo o mundo ficou tranquilo após os esclarecimentos categóricos ofrecidos pelas autoridades competentes. Mas a crua realidade era bem outra, efectivamente á intervencion sobre países que se desmembraron da antiga Cortina de Ferro, xa estava planeada com a súficiente antelacion, e a ela se referia o citado presidente parlanchin.
Pensa mal e acertarás, o tipo de arma que se pensava usar,  eran as armas “limpas”, tamen chamadas de “urânio empobrecido”, que se venhem útilizando em todas estas guerras actuais dunha maneira solapada. Estes artefactos son tan “democráticos”, que afectan os soldados de ambas partes por igual, mas despois de haberem professionalizado os exércitos, quem se vai importar por estes mercenários, que por dinheiro se ofrecen como carne de canhon.
As miles de toneladas de “urânio empobrecido”, que verdade sexa dita, nem sequer é urânio e muito menos pobre, pois tratase de bombas de plutônio altamente radioáctivas, com unha monstruosa vida de mais de quatro mil anos, e contenhen isótopo de urânio 236E, Que son cem mil veces mais perigosos que o referido urânio.
Os estragos que estan a causar estas bombas, que os Occidentais semean por todo a mundo com as suas guerras de expansion, baixo o pretexto de que necessitan misíes com grande poder de penetracion em brindaxens e cemento, para poder sacar debaixo da terra os enemigos que se escondem como ratas.
A contaminacion acumulada nestas massacres recentes, ás que nós assistimos como telespectadores concupiscentes, equivale várias veces á producida nos famosos bombardeos de Xapon. Os efeitos diabólicos disparan os casos de cancer, leucémias, nascimentos com deformacions aberrantes, e alteracions xenéticas sobre a povoacion indefensa.
A prohíbicion desta mortífera praga, apesar de haber sido estudada por unha subcomision da O. N. U., non logrou prosperar, truncada pola oposicion dos militares e políticos occidentais, passando a ser considerada unha arma convencional.
Esta é a verdadeira cara do terror, aquela que permanece escondida, e que os “idiotas-votantes”, aqueles que dan lexítimidade a estes reximes tirânicos xamais conseguiran ver. Mentras tanto, a dor das povoacions civis, que sofrem em propria carne esta brutalidade, se seguiran perguntando que mal fixeron eles para que estes barbaros lhes cairan encima.

Léria Cultural

A BELOTA NA ALIMENTACION HUMANA

Voltamos a bater na mesma pedra, pois sendo o carbalho algo que medra abundantementemente na nossa terra, poderia el com todos os seus frutos axudar á nossa libertacion.
Tudo o que sexa viver sem trabalhar, deve agudizar o nosso engenho, para liberarnos da economia, e da falta de tempo libre. A actividade recolectora, brindanos independencia, e fainos amigos do bosque que nos manten.
As veces pensamos que, por nossa propria conta, deveriamos investigar as posibilidades culinárias da belota, as maneias mais deliciosas de comela, as formas mais enxenhosas de preparala, de conservala, etc, etc… Facer farinhas, sopas, pan, doces, e mescolanzas várias com outros productos.

Léria Cultural

IMITEMOS A DON QUIXOTE

     
Arremetamos levados pelas fúrias do Bóreas, como vendavais contra os moinhos de vento, tumbemos de cangalhas aqueles que avasalhan a terra com a sua sombra xigante grotesca.
As enerxias renováveis do tipo “parques eólicos” ofenden a natureza com a sua mera presença, unha amplia mortandade das aves, a águia, a cegonha, o abútre, sem esquecer os morcegos amigos, que frenéticamente intentan deitar a baixo estes esperpentos.
E falso que com estudos de impacto âmbiental bem feitos, os danos poderian evitarse, calibrando o cerebelo dos investigadores, sabemos de sobra que de pouco valerian, os paxaros seguirian morrendo entre as áspas.
Mas non só sofren as aves, tamen as espécies de vertebrados cuxo habitat é devastado pola abertura de caminhos necesários para o movimento da maquinária, que nesesitan todos estes armatostes descomunais. Sofre sobre maneira a flora, a causa de rede de ramais, que como unha tea enlaza as torres entre sí, recorridos pelos serviços de manutencion, as zangas, as plataformas em que se erguem, tudo isto feito sobre cerros e colinas muito fráxeis bióticamente.
Para o futuro é de prever, que tudo isto vaia caindo nas mans das instituicions e dos tiburons do agronegocio. O vetusto punto de vista, sobre a conciliacion entre as clases, com o aparato estatal como instância mediadora e tutelar, se o estado é o remédio, este será o que marque os fins e os médios, e non a xente do comun, seran os funcionários e as autoridades quem decida.
A demencia chegou incluso a concebir enormes árbores metálicas, monstruosas, dotadas de células fotovoltaicas, a modo de folhas, que serian colocadas unhas ó lado das outras, imitando um bosque, algo tan medonho, que só de pensalo xa basta para assustarnos.

Léria Cultural