
Hai xa uns seis meses que as máquinas da mancomunidade entraron a saco no campo de fútbol parroquial, para un pretendido arranxo. Agora no canto dun campo de deportes teñen unha sementeira de pedra seixa, que non hai quen poda darlle unha patada a un balón. Por riba, o campo é un dos poucos anacos de terreo de monte que inda non clasificou a Xunta Provincial de Montes, e xunto con esa “parcela da Barxela” hai outras, mesmo à beira do camping da Freixa, que aínda que o Icona xa clasificou a favor dos viciños, seguen sen serlles devoltas. Ao mellor é porque a alguén moi poderoso non lle interesa…
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)