
ESPINOSA, Pedro de (Antequera, Málaga, 1578-1650). Poeta, antólogo e prossista que viveu em Granada, Sevilla e Valladolid, ademais de unha temporada como ermitânho, baixo o nome de Pedro de Jesús. Os seus poemas som notábeis, porque revivem antígos temas italianos como o amor a natureza e a mitoloxía clássica: “La fábula del Genil” é unha dessas obras. A sua poesía relixiosa aparece em “Salmo de penitencia, importantísimo para alcanzar perdón de los pecados” (Sanlúcar, 1625). Escrebeu prossas satíricas ao estilo de Quevedo em “El perro y la calentura” e “Espejo de cristal” (ambas de Sanlúcar, 1625) e um cínico ensaio em contra dos astrólogos, “Pronóstico judiciario de los sucesos deste año 1627 hasta el fin del mundo” (Málaga, 1627), que foi reeditado xunto com outras obras suas em 1909. F. López Estrada editou as suas “Poesías” em 1975. O mais conhecido da sua obra é “Primera parte de las Flores de poetas ilustres” (Valladolid, 1605), que foi seguída e completada por unha “Segunda parte” (1896), preparada por Juan Antonio Calderón. Trata-se de unha antoloxía de poesía feita com unha grande perspicácia poética. Inclúi poemas de fray Luís de León, Barahona de Soto, Quevedo, Alcázar e Lope de Vega. Exclúi a muitos poetas famosos no seu tempo que hoxe forom esquecídos.
OXFORD