
ESPERPENTOS. Termo empregado pola fala galega, e utilizado por Ramón María del Valle Inclán, para descreber a técnica de deformaçón sistemática que empréga nalgunhas das suas obras teatrais e românces. Usou esta palabra por primeira vez na obra “Luces de Bohémia” (1923), cuxa personáxe central, Max Estrella, afirma: “Los héroes clásicos reflejados en los espejos cóncavos dan el esperpento”. Valle Inclán insinua que a realidade espanhola é unha grotesca deformaçón da tradiçón europeia e, ao mesmo tempo, que para captar o sentido tráxico da vida espanhola, debe-se aplicar unha estéctica sistemáticamente deformante. O exemplo mais revelador das suas obras esperpênticas é “Los cuernos de don Friolera” (1921), que prefigura o teatro do absurdo que surxiría na Europa pouco depois (Adamov, Ionesco, Beckett e Fernando Arrabal). As personáxes non som vistas como heroicas ou galanas, senón como bonecos grotescos, títeres ou incluso animalescas. A sua primeira novela esperpêntica foi “Tirano Banderas” (1926).
OXFORD