
INGREDIENTES:
Leite; Pán de trigo ou broa.
Outras variantes: azucre ou mel; o cacao, a chicória e o café; também os flocos de aveia ou de cebada.
RECEITA:
Guardo na minha memória, quando a minha nái me daba as sopas de leite, de unha cabra austéra de úbres imensas, do tamanho do mundo. O leite espumoso e doce acabado de monxer, resultaba delicioso. Aínda, que o leite de cabra debe ferver-se antes de beber, pois podêmos colher a febre de Malta.
.
A mestura entre un alimento líquido, caldo, e outro sólido, o pan, é a base de moitas comidas, pero a combinación máis común debe ser o leite (frío ou quente, como se prefira) con sopas. Non precisaba ningunha elaboración, xa que o leite procedía directamente da vaca (que se atopaba na corte, perto da cociña) e o pan da artesa (que coidaba de que durara ata a próxima fornada). Só había que erguerse moi cedo, e o leite acabado de muxir fumeaba sen necesidade de quentalo, aínda que era conveniente fervelo non só para evitar posibles xermes, senón tamén para que o sobrante se conservase en perfectas condicións. Seguidamente, collíase un anaco de pan ou boroa e cortábase en pequenos anacos que ían caendo na cunca, aboiando uns instantes ata que, empapados, caían ó fondo. O leite con sopas constituía o almorzo (e ás veces a cea) para os máis pequenos, que xogaban a afundir barcos de pan ou boroa no líquido branco e escumoso. Quen tivese o privilexio de facer sopas en leite de vaca da Galicia rural de hai moitos anos, certamente lembrará o forte sabor e aroma daquel leite con tona que abastecía a casa de manteiga. Os máis larpeiros engadíanlle azucre ou mel, ingredientes que mitigaban un pouco o forte sabor do leite acabado de muxir. Á medida que o nivel de vida se foi incrementando, a cascarilla do cacao, o café (máis chicoria que café) e o chocolate foron “exotizando” a cor dos almorzos, proporcionalmente á perda de sabor do leite, cada vez máis elaborado e menos espeso, E pouco a pouco foise facendo innecesario fervelo, xa que os procesos industriais ós que se somete permiten obter leite de longa duraçión.
GALICIA PARA COMELA (VOLUME I) – HÉRCULES DE EDICIONES S. A.