
“Meu querido amigo: na redada levada a cabo antonte pola policía nos locais do SERE caeu Dª Isabel Napal, esposa do maxistrado D. Juan Romero Montesinos, de Izquierda Republicana, encarcerado en Valencia e sometido a proceso. Estaba no SERE cobrando o seu subsídio mensual. E como está indocumentada queren enviala a um campo de concentración. Dinme que é vostede moi amigo do Sr. Louit e que só por mediaçón de vostede ou do representante do Goberno vasco podía evitarse a traxedia de que vaia dar cos seus ósos nun campo. Quere vostede ter a amabilidade de facer esa xestión rapidamente? Teño niso moito interese e agradecereillo,” As xestións frutifican, e Isabel Napal elude o ingreso nun campo de concentración. Poucos dias despois, Viana pidelle axuda a Pablo de Azcárate, a quen aínda trata como presidente. “Meu querido amigo e presidente: por circunstancias especiais tiven que encargarme da dirección do SERE. Quen tiñan méritos indiscutíbeis para acupala non quixéron impoñerse ese sacrificio. Non foron os meus os que me trouxerom a este posto, pero porei toda a vontade, que non é pouca, ao servizo da causa que vimos defendendo dende hai tantos meses. Estranará vostede que tendo transcorrido 15 días dende que tomei posesión efectiva, pois antes estiven en Burdeos unha semana acupándome dun embarque para Santo Domingo, non me dirixira a vostede para ofrecerlle os meus respectos e poñerme incondicionalmente ás súas ordes. Pero como ao meu regreso me atopei co secuestro de toda a documentaçón –non entro en detalles porque xa coñece vostede o sucedido– en vez de actuar como director fíxeno como xefe de Emigración, o que me parecía bastante máis interesante, e pesou sobre min un traballo tan excesivo que me impediu o deber obrigado de cortesía de comunicarme con vostede inmediatamente. Vostede sabe canto lle aprecio e estimo e iso será dabondo para que exculpe esta falta involuntaria. Prégolle moi encarecidamente me preste o seu valioso apoio no desempeño desta espinosa misión que pesa hoxe sobre min e, coa seguridade de que vostede haberá de concederma, envíalle un cordial saúdo e un apretón de mans o seu bo amigo, Alejandro Viana.”
ROBERTO MERA COVAS