
O Cruceiro que está na praza de Covelo, que data do ano 1899, é da autoría de Xosé Cerviño (coñecido popularmente por Pepe da Pena), canteiro da terra de Cotobade, e que tamén foi autor do famoso cruceiro de Hio, entre outros. “(E também do cristo-xacente de Guillade, feito em madeira.)”
.
O Tea nace nas outras terras da montaña de Covelo, concretamente na parroquia de S. Salvador de Prado, perto da ermida da Xestosa, e sirve de lindeiro entre a província de Ourense e a de Pontevedra.
.
O alto de Fontefria, situado entre Covelo e A Caniza e polo que pasa a estrada de Ourense a Vigo é, con 805 mts., o porto de montaña máis importante da província.
.
Na parróquia de Casteláns houbo unha importante igrexa románica, construida no século XII, que pertencia a un mosteiro de monxas. Hoxe non queda nada dela, pero parte dos restos están nunha capela en Pontevedra e tamén nunha finca en Mondariz-Balneário, á beira das ruinas do Gran Hotel.
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)