
ESCALANTE Y PRIETO, Amós de (Santander, 1831-1902). Novelista e poeta, que utilizou o pseudónimo de “Juan García”. Autor de unha excelente novela histórica, “Ave Maria stella”. História montanhesa do século XVII (1877; 1920), cuxo único defeito reside nunha relativa lentidón na acçón. Escalante cria maxistralmente a atmôsfera e as personáxes adequadas à temática da obra. Como poeta resulta mais convencional. Publicou “Poesías” (1907), libro em que os melhores poemas están dedicados ao mar e às montanhas de Santander. Escrebeu libros de viáxes: “Del Manzanares al Darro” (1863), “Del Ebro al Tíber” (1864), “Costas y montañas” (1871) e “En la playa” (1873). As suas “Obras escogidas” forom publicadas em 1956, em dous volûmes.
OXFORD