
Na parroquia de Ortoá había unha moza que tiña moita gana de casar-se, e todas as tardes collía a roca e marchaba pra iglesia, a pedirlle a San Antonio que lle dera home. Mais o sacristán, que se deu conta do que pasaba, foise un día para tras do santo e cando ela estaba: “San Antoniño querido, como me cases niste ano, heiche de dar dúas candelas. ¡Ai, San Antoniño, ten compasión!”, etcétera, empeza o sacristán: –Aínda non che é este ano nin para o que vén. Ela, que pensou que quem o dixéra fora o santiño pequeno, que tiña San Antonio nos brazos, rispou a roca da cintura e deulle un forte estacazo, decindo: –Eso non o sabes tu, mocosiño, nin eres quen pra decilo, que che ha de ser o teu papaíño.
CENTRO DE ETUDIOS FINGOY, 1972 (2ª ed.) CONTOS POPULARES DA PROVÍNCIA DE LUGO. (Ed. Galaxia Vigo)