
ECHEVERRÍA. Esteban (Buenos Aires, 1805-1851). Novelista, poeta e ensaista arxentino. Em 1825 partíu para París, onde vivéu cinco anos. Em 1830 regressou ao seu país e dous anos depois publicou “Elvira, o la novia del Plata”. Escrebeu depois “Los consuelos” (1834) e “Rimas” (1837), onde encontramos o famoso poema “La cautiva”, ambientado nas pampas, que xá revela unha filiaçón romântica. Foi opositor do rexíme de Rosas e tívo que exiliar-se no Uruguay em 1840. No ano seguinte escrebeu “El matadero” (publicado em 1871) contra o dictador, novela curta na qual fái unha descripçón realista desse lugar, que simboliza a Arxentina baixo Rosas. Espúxo as teorías românticas no seu libro “Fondo y forma de las obras de imaginación”, no qual refúta as teorías aristotélicas. Defende a poesía, à que considéra a forma superior da criaçón artística. O “padre del romanticismo argentino” afirma que o artísta debe ser libre de escolher o seu tema e estilo; cada raza desarrolhará um gosto estéctico que a represente. Echeverría tívo grande influênça sobre outros escritores arxentinos, especialmente sobre Juan María Gutiérrez.
OXFORD
