
Predin as catástrofes coa mesma facilidade que as provocan. Non lles chega que a lei conceda o dereito á libre empresa, ao comércio, á plusvalia, queren exercer todo isto en propriedades alleas, públicas, universais.
DEMAGOXIA
Agora non valen as demagóxias, non se pode dicer que se vai paralizar a construcción por falta de matérias primas do rio. Segundo esa teoría, Madrid non existiria; non se pode argumentar que se perderon quarenta postos de traballo cando se tiñan destruido mil; non se pode admitir que o beneficio que deixaron de perceber dez familias sexa unha catástrofe, porque o producido pola pesca, por parte de ser meirande, estaba distribuido en setecentas. A realidade máis palpábel é o grave deterioro sofrido no habitat do Miño que agardamos non sexa irreversibel.
CARLOS ALONSO