
Era un home que non tiña medo a nada, xa disde rapaz. El oía falar do medo e perguntáballe a demais xente que cousa era, que el non podía comprender que un sentise eso que lle chamaban medo. Dixéronlle que fose á guerra, que alí íbo de saber; foi á guerra, viu morrer muta xente, pero el non colleu medo; volveu pra casa decindo que o medo tiño cada un drento do seu corpo. Estonces dixéronlle que fose polo mundo adiante, que tarde ou cedo conecería o medo; e marchou. Unha vez chegou on lugar e pediu pousada; dixéronlle que unicamente lla daban nunha casa na que tódalas noites andaba o demo estroupeleando. Foi alá, meteuse na cuciña, acendeu lume e fixo a cea. Cuando estaba cenando oíu mutos ruídos que salían de un caixón; abríuo pra mirar o que había drento e viu un culebrón mui grande; pero el non se arredou, botou mau do cutelo e segoulle a cabeza. Así que acabou de comer deitouse; estonces volveu a oír mutos ruídos, pero el non lle facía caso: de alí on pouco caíulle a perna de un home na cama, colleua e botouna pron lado pra que non lle estorbase; despois caíu un brazo, i así foron caíndo tódalas parte do corpo de un home, que según caían, íbas botando todas pra o mesmo síteo. Aqueles membros uníronse e formouse un home ao que lle perguntou que quería, pero escapou sin lle contestar. Disde alí foi a dar onha casa onde había unhas mozas que lle perguntaron quen era e de onde viña. Díxolle que andaba buscando o medo pero que non o daba alcontrado. Elas respondéronlle que se deitase, que aquela noite iba de conocer o medo. Deitouse onde o mandaron; nunha cama que, porriba de ela, as mozas puxeron un barreño con trutas e mui pouca auga. Pola noite adiante as trutas principiaron a batuxar e unha de elas caíu á cama e metéuselle entre o coiro i a camisa; estonces sentiu el así comón fríu polas costas, e coneceu o medo.
HÉRCULES DE EDICIONES – PRIETO, L., 1958: CONTOS VIANESES, EDITORIAL GALAXIA, VIGO.