
CHUMACERO, Alí (Acaponeta, Nayarit, 1918). Poeta e crítico mexicano. Foi influído pola obra de Octavio Paz e de Xavier Villaurrutia. É o membro mais sobranceiro do grupo de poetas de “Tierra Nueva”, revista que deu nome ao grupo e que se editou de 1940 a 1942. Este grupo reuníu a J. Cárdenas Peña, J. González Durán, e Manuel Clavillo, entre outros. Como os seus antecessores do grupo os “Contemporáneos”, considerarom a poesía como um fim em sí mesma, sem ter que aportar unha carga de menssáxe ou moral social. Os libros de Chumacero mostram unha gradual aprofundizaçón e severidade na expressón; os seus temas som o desexo, o amor, a solidón e a morte. “Páramo de sueños” (1944), “Imágenes desterradas” (1948) e “Palabras en reposo” (1956) som alguns dos seus títulos mais significativos. Editou e prologou a obra de Ángel del Campo, “Micrós”, Xavier Villaurrutia e Alfonso Reyes. É coautor da excelente antoloxía “Poesía en movimiento.” México 1915-1966, em colaboraçón com Octavio Paz, José Emilio Pacheco e Homero Aridjis (México, 1966).
OXFORD