
Este era un home rico e egoísta que tía muitas terras e grandes rebaños de ovellas e carneiros, que coidaba con gran esmero. Vivía con el unha filla da que taba muy orgulloso polo buena, guapa e traballadora que era. Esta rapaza como era tan caritativa, aporveitaba cuando o pai non taba na casa pra matar un carneiro do rebaño e darlle de comer ós pobres que por eilí pasaban; pero con tan boa sorte que cada vez que mataba un carneiro, aumentaban outros dous no rebaño, de maneira que o pai non se enteraba. O demo, que sempre ta tecendo, foise onde o pai que taba labrando e díxolle: -Oi, compadre, tu tas eiquí traballando e a tua filla quedábache na casa matando un carneiro pra dar ós pobres, e fai eso mismo todos os días. O pai contestoulle: -Home, eso non é verdá, porque eu cunto as ovellas ios carneiros todas as noites e non me falta ningún. -Pois vai agora mismo á casa e xa o verás -contestou o demo. O home votou camiño abaxo cagando raios e cheu de rabia; ó chegar á casa e ver que era certo o que lle dixera o demo, entroulle tal furia que colleu a filla, cortoulle os brazos e levoa mui lexos pra colgala dun árbol e deixala eilí. Pouco despois pasou por eilí un rei que iba de caza e levaba con el dous cais que logo viron aquela mucía colgada e sin brazos. Tanta pena lles entrou ós cais que cada vez que no palacio do rei lles daban a comida, elos iban correndo e subíanlla á rapaza ó árbol pra que non morrera de fame. Co paso do tempo, os cais debecían, e o filho do rei tanto lle extrañaba, que decidiu saír a vixilar a ver que facían ca comida que lles daba. A súa sorpresa foi grande cuando viu aquela rapaza sin brazos eilí colgada. O príncipe, mui conmovido, baixoa eixiña e levoa, en contra a voluntá ela, pro palacio. A reina, cuando viu aquela muller naquelas condiciois, non quería saber nada dela. Pero o Príncipe, a pesar de todo, decidiu casarse con ela. Pasou un tempo io príncipe tuvo que marchar á guerra; desde eilí escribíalle todos os días a Tuquía -que así se chamaba a súa muller-, pero como non tía brazos, era a reina que lle lía as cartas, e con tan mala intención que siempre lle decía o contrario do que lle puñía. Unha vez que o príncipe lle anunciaba nunha carta a chegada ó palacio, a reina leulle: “Vete de mi casa, Tuquía, / yo ya no te quiero / y no volveré ningún día.” A pobre muller pidiulle un último favor á reina: de que lle fixese unha especie de alforxa con unha bolsa pra tras e outra pra diante; nela metería os seus dous fillos e marcharía de eilí. Andando, andando, Tuquía encontrouse no camín com unha muller muy vellía ie pediulle axuda pra poñer os pequenos a mamar; mientras, foille cuntando toda a súa triste vida. Entonces esta anciana díxolle: -Pois xa que fuche tan buena siempre, agora vas ter brazos outra vez. E mientras decía estas palabras: “Cuando Dios lo quería, / tres fuentes nacían: / una caliente, una tépida / y otra fría” apareceron tres fontes onde se iba metendo a muller manca que, de repente, xa se viu con brazos. Logo, anduveron e anduveron as dúas hasta que chegaron a un palacio abandonado cheu de riquezas, donde se quedou a vivir Turquía cos seus fillos. Pasado un tempo, chegou polo palacio un príncipe forasteiro pedindo pousada. Déronlle aloxamento, ie cuando iban cenar, dice uno dos fillos de Tuquía: -Madre, dálle primeiro ó meu padre. A muller, púxose a descalzar ó príncipe forasteiro pra ver se tía seis dedos nun pé e, como así era, reconoceu a seu marido que desde que volvera da guerra non parara de buscala. Ie despois de muitos anos chegou por eilí outro forasteiro muy vellín, muy vellín e morto de fame, pedindo limosna. Esta vez a muller rápido se deu cuenta de que era o seu padre, pero como el no quería darse a conocer, ela cuidou del sin decírlle nada, con todo o cariño hasta que morreu.
FONTEBOA, A., 1992: LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL EN EL BIERZO, DIPUTACIÓN DE LEÓN, PONFERRADA. (GALICIA DE CONTO – HÉRCULES DE EDICIONES)