
Á súa chegada a Valparaíso, un mes despois da súa partida, os exiliados do Winnipeg son recibidos con vítores, panos e cânticos no porto. A todos eles entrégaselles un caderno con información sobre o país, no que se recollen unhas verbas de Neruda: “Republicanos, o noso país recíbevos con cordial acollida. O voso heroísmo e a vosa traxedia conmoveron o noso pobo”. O Winnipeg protagoniza a maior expedición de refuxiados que atravesa o Atlántico e é o derradeiro buque con republicanos que navega en situación de paz mundial. De feito, cando atraca en Chile os exiliados recebem a nova do estourido da guerra europea. Entre abril e agosto Alejandro Viana organiza dezaoito expedicións nas que se evacúa a preto de 8.000 exiliados. Durante eses primeiros meses encárgase tamén da concesión das axudas para pasaxes individuais en liñas regulares que permiten a saída de Francia de preto de 2.000 refuxiados máis.

ROBERTO MERA COVAS