
CORREA, Miguel Ángel (Rosario, 1881-1942). Novelista, poeta e dramaturgo arxentino, que utilizou com frequência o pseudónimo “Mateo Booz”. Foi xornalista, mas logo acadou renome literário com as novelas curtas: “El agua de la cisterna” (1919) e “La reparación” (1920). Pouco depois começou a publicar várias novelas de mais envergadura, baixo unha temática social e política: “La tierra del aire y del sol” (1926), sobre as dificuldades passadas polos desherdados; “La vuelta de Zamba” (1927); “El tropel” (1932), novela histórica situada no longo mandato de Rosas; “La mariposa quemada” (1932); “Aleluyas del brigadier” (1936), vida fictícia de Estanislao López de la Fe; “La ciudad cambió de voz” (1938), na qual mostra o crescimento de Rosario desde 1870 a través da vida de unha família espanhola inmigrada; “Santa fe, mi país” (1934) é unha popular colecçón de contos que desarrolha antigas lendas e mostra superstiçóns arraigadas entre a poboaçón. Unha obra cheia de ternura e de sarcasmo.
OXFORD