
Convocada pola comisión de Defensa do Miño tivo lugar o pasado dia 13 deste mes de maio unha manifestación no rio á que asistiron unhas 1.000 embarcacións dos dous países ribeireños. As lanchas saíron ás 11 da maña do lugar de Forcadela, en Tomiño camiño de Tui, lugar ao que chegaron ás 12,30. Nesta cidade foille entregado ao Comandante de Mariña un escrito de protesta, razonado, que contiña, entre outros, os seguintes pontos: – A protesta polo irregular caudal do rio, debido ás aperturas e peches dos encoros, sobre todo de Frieira, feitas por Unión FENOSA. – A protesta polos danos que as areeiras de aspiración ocasionan na fauna do rio, máis que nada nas angulas (meixóns). – A protesta polo medre da contaminación que vai crescendo nos rios que van morrer ao Miño e que levan resíduos das vilas polas que pasan: Louro, Coura, Tamuxa, Tea, Deva…
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)