
Dentro de poucas linhas abordaremos o tema da orixem do universo, mas antes debemos dizer algunhas palabras sobre a primeira fase da expansón. Os físicos a chaman “inflaçón”. A non ser que viva em Zimbabue, onde a inflaçón excedéu fai pouco o 200.000.OOO por cento, póida que o termo inflaçón non lhe pareça muito explossivo. Mas, incluso segundo as estimaçóns mais conservadoras, durante a inflaçón cosmolóxica o universo expandíu-se num factor incomensurábel de segundos. Como se unha moeda de um centímetro de diámetro súbitamente explodira a unha dimensón de uns dez milhóns de vezes a anchura da Vía Láctea. Podería parecer que isto viola a relatividade, xá que esta estabelece que nada pode moverse mais rápido que a luz no vacío, mas dita velocidade limite non se aplica à expansón do próprio espaço. A ideia de que um episódio inflacionario como este pudéra haberse producído foi proposta por primeira vez em 1980, a partir de consideraçóns que vam mais alá da teoría de Einstein da relatividade xeral e tenhem em conta aspectos da teoría quântica. Como non dispomos de unha teoría quântica completa da gravidade, os detalhes todavía están sendo elaborados, e os físicos non están de todo seguros de como foi a inflaçón. Mas segundo a teoría, a expansón causada pola inflaçón non tería sido completamente uniforme, em contraste com o que afirma a imaxem do Big Bang tradicional. Estas irregularidades produziríam variacións minúsculas na temperatura da radiaçón cósmica de fundo em diferentes direcçóns. Essas variaçóns som demasiado pequenas para que tivéram podido ser detectadas na década de 1960, mas forom descobertas por primeira vez em 1992 polo satélite COBE da NASA, e posteriormente medidas polo seu sucessor, o satélite WMAP, lanzado em 2001. Em consequência, estamos bastante seguros de que a inflaçón teve realmente lugar.
STEPHEN HAWKING E LEONARD MLODINOW