
À dona da casa onde se celebraba a malheira do cereal, eram pedidas as mexúas, que simbolizaba unha sorte de botín gastronómico que era reclamado por todos os vecinhos colaboradores ó finalizar o trabalho, em lugares da zona ourensá de Viana do Bolo.
INGREDIENTES:
Rebandas de pantrigo
Ovo
Leite
Azeite ou manteiga de vaca
Mel, azucre ou canela e um pouco de anís
RECEITA:
Comézase por cortar o pantrigo (que era máis esponxoso, aínda que máis escaso e só empregado en ocasións especiais) en rebandas dun tamaño que se adaptará á tixola na que se van facer, aínda que o ideal é que a codia rodee completamente a miga. Seguidamente, nun prato fondo mestúrase abundante ovo batido con leite para empapar as talladas convenientemente. Así, caladas de arriba a abaixo, van logo á tixola, onde se friten en abundante manteiga de vaca – melhor que aceite – ata que simplemente se douren, sen torrarse. Vanse sacando e salferindo con azucre ou canela, ou ben untándose de mel pola parte que permanece cara a arriba na fonte na que se van colocando. Están moi boas quentes, e tamén frías, aínda que mesmo así pódense mollar en leite fervido para acompañalo e retomar temperatura.
GALICIA PARA COMELA (VOLUME I) HÉRCULES DE EDICIONES S. A.
