
O señor Hermenexildo Rivero, máis coñecido no seu concello como Chicho, presentouse nas eleicións de hai case un ano por unha candidatura independente. Frente do, AP e PSOE. Hoxe que el está en AP, seguen frente do AP (que agora é independente) e PSOE. Son cousas raras de entender, pero hai que ter en conta que a sua candidatura chamábase UIA (FUXIA, dician alguns no povo). -Un entra en Arbo e sinte falar galego. Normal, pénsase. Pero no concello aínda non está normalizado o emprego do galego…? -Isto é porque os funcionários non están preparados para o bilingüismo e a nossa segredária é sevillana criada en Madrid pero eu xa estou en contacto coa Diputación para preparalo… -Non haberá falta de vontade política…? -Non, en absoluto. -A festa da lampreia xa leva moitos anos (24 anos). Redúcese a un día de verbena, unha carreira ciclista e unha papada para autoridades e convidados. O presuposto anda polo millón duascentas ou trescentas mil pesetas. Tiralle o povo algún proveito a este gasto? -Para os viciños, grácias á festa e a quen a criou (os señores Cubelas e Caldas), hai algo de benefício económico. De non terse feito a festa da Lampreia, os viños do Condado non terían o precio que teñen. Por certo, son dos que pensa que debería irse por un viño de calidade, non pola cantidade. -Non queriamos facer comentários após da entrevista pero iso de que para potenciar o viño haxa que festexar á lampreia, halle soar raro, bastante raro, aos das festas do viño de Amandi, Chantada, Ulla, Ribeiro e Albariño, entre outras? -Alá cada quen coa sua táctica propagandística… -E por qué non se fai nada cultural, nunca, en nengun ano? -É que habería que percurar un local axeitado e o ano que ven pode habelo. As persoalidades da cultura habería que metelas de xeito que a cousa fose digna para o povo de Arbo. -Para qué se convidaba a tanta autoridade? -Isto é un xeito de mostrarlle o noso agradecimento xa que as autoridades axudan a promocionar o povo e teñen que vir. -Cal foi, logo, o rendimento en 24 anos…? -Desde que eu son alcalde penso que se lle tirou bastante rendimento, en xeral, a esas persoas.
ENTREVISTA PUBLICADA EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)