
INGREDIENTES:
Um copo mediano de auga; trescentos gramos de fariña de trigo; unha culleradiña rasa de sal e dous ovos.
RECEITA:
Velaquí un producto directamente emparentado coas filloas, ás veces chamado freixó (como as próprias filloas) e feito a base de fariña de millo, auga e ovos. Mestúranse os ingredientes de xeito que se forme unha masa que irá á tixola exactamente igual que a masa das filloas. A diferencia estriba no grosor do producto, que lembra no seu aspecto a unha tortilla. Comvén deixar que se vaia facendo con pouco lume, dáselle a volta só unha vez e está lista en escasos minutos.
VARIANTES:
Hai quen prefire comelos con azucre ou mel por riba, mentres outros engádenlle anacos de touciño frito durante a coción. En moitos fogares facíase un prato de follados, amontoados uns sobre os outros, e servían de sustento varios días da semana, aproveitando deste xeito o tempo que habería que dedicar a cociñar para outras cousas. Así, cando a xente volvía de traballar a terra xa tiña a cea lista.
GALICIA PARA COMELA (VOLUME I) HÉRCULES DE EDICIONES S. A.