
Dizque hai muitos anos, había unha rapacía mui ben guapa nun lugar da serra. Un día mandáronna lendar no gado no monte e condo estaba alí, viula el oso. Daquela el animalón quixo levala con el, pero ela negouse, así que el oso garroula e levoula para a súa cova. Cuidoula muito ben, pois cada día leváballe un pouco de mel, amoras e máis cousas para que non tivese fame ninguha, pero cada vez que el salía da cova, poía un penedo ben grandón delantre pra que ela non fuxise. En pasando delas horas, os pais da moza preocupáronse al veren que a filla non volvía para el lugar. Al outro día fixeron uha xunta todos os vecíos e saliron buscala, pero cansaron al cabo duns días e volveron para el lugar coas maos baleiras. Pasaron delos anos nos que todos pensaron que a rapaza morrera. Entrementres, a rapaza tevo un fillo que era metade oso e metade humano, al que chamou Xanín, e que estaba todo cuberto de pelos pardos como os osos e era tan forte como elos. Nin Xanín nin súa mai podían salir da cova, conque vivían alí metidíos sempre ambos delos sen saberen nada del que había por fóra. El oso vía dacondo con algo para comeren e lougo pechaba a porta coel penedo grandísimo. El rapacín, da que medraba, íase fendo máis e máis forte, até que un día tevo forza a esgalla para mover na pedroa que torgaba a porta e puderon salir el e súa mai. Da que corrían monte abaixo, víulos el oso e quixo perseguilos, pero xa elos estaban mui lonxe e non foi a garralos. A moza volveu para el sou lugar, mais como pasaran muitos anos xa ninguén se recordaba dela. Pero os sous pais acordáronse ben desque a viron e acolléronna muito ben. Lougo acenaron para el neno que parecía un oso e perguntáronlle á filla quen era aquel. Ela respondeulles: -Este é meu fillo. Chámase Xanín. -Pois semella un oso – dixeron os sous avolos. E dende aquela chamáronlle “Xanín-el-Oso”. Os vecíos da aldea xuntáronse pra iren á cova del oso. El animal, que estaba alí, sentiulos vir e antes de que puderan atrapalo, botou a correr monte enriba, logrando escapar dos vecíos por ben pouco. Xanín seguiu a medrar e houbo ir á escola, pero non se levaba cos compañeiros. Era muito máis forte que elos e estaba todo el día en agarradelas porque elos se rían del. Por eso, un día díxolle á súa mai: -Madre, eu hei marchar. Eu non podo vivir máis aquí onde todos me tein por un oso. A mai quedou ben atristallada, máis Xanín, que daquela xa era todo un mozo, marchou del lugar. Botou a andar al rebolón, até que uha mañá, da que cruzaba un bosque chen de árbores, atopou un homón que estaba sentado sobre un toro caído e tía toda a facha de ter muitísima forza. Xanín miroulo un pedazo. Comprobou que despois dun intre e estar sentado, el home ergueu-se e foi até el árbore máis próxima e arrincábala coa forza dos sous brazos. Díxolle lougo Xanín: -Bon día. ¿Como te chamas? -Chámanme Arrincapinos. -Eu son Xanín-el-Oso. ¿Queres vir comigo? -Está ben, eu xa tou ben chen deste traballo. E dende aquela, Xanín-el-Oso tevo a Arrincapinos como compañeiro. Andaron os dous durante algún tempo, e para volaren en cuartos fían os labores que os vecíos das vilas polas que pasaban lles encargaban, e elos faíannos de présa e ben. Nesas estaban, condo foron cruzar un río e atoparon un barqueiro que pasaba a xente duha ourela para el outra. Era un paisano mui ben forte que movía a barca toda chea de xente solo con empuxar dun pértigo que espetaba no fondo del río. Así faía a barca moverse. Falou Xanín con el: -¿Préstache el tou traballo? -Para nada. -Queres lougo, vir con nós que de seguro volamos en muitos máis cuartos faendo as xeiras que nos encarga a xente por aí? El barqueiro dixo que si e marchou con elos mui contento. Os tres foron fendo cuartos de vila en vila, até que chegarón onde vivía el rei, que estaba mui apurado polo que estaba a pasar no sou palacio. Condo soubo el monarca que estaban aquelos tres personaxes no sou reino, féxolos chamar e díxolles: Hai un trasno que roubou mía filla e que me está a alouriar. A ver se vós sodes a mandalo lonxe de aquí. Cuntáronlles que el trasno vivía nun palacio del outro lado del río e non se podía pasar deiquia alí de ningún xeito. Xanín-el-Oso, Arrincapinos e Pertigueiro -querse dicir, el barqueiro- chegaron deiquia el río que ninguén non podía atravesar. Dixo Xanín al pertigueiro: -¿Por que non nos axudas a pasar del outra ourela? El pertigueiro colleu un casqueiro mui grande de carballo e mandou aos amigos que subisen. Lougo empuxou el toro al augua e púxose a cruzar el río coa axuda del sou pértigo. Condo chegaron al outro lado, erguíase diante delos un castelo de altas torres que rabuñaban as nubres e as súas paredes longas non permitían que ninguén, no caso de que tivese cruzado el río, pudese chegar al crume delas. Había uha porta de castañeiro que para facela houbo que talar todo un souto coel aquel de sacar toda a madeira. Xanín dixo a Arrincapinos: -¿Por que non arrincas esa porta? E Arrincapinos púxose enfrente da porta, meteu os didos pola fendedura de embaixo e así podela erguer abondo como pra sacala das ántolas. Así, acabou de quitar na porta del sou sito e tirou nela sobre el río, fendo daquel xeito uha ponte ben guapía. Condo tiveron paso libre, entraron os tres. Xanín encamiñouse á sala principal del castelo e alí atopou a princesa mais el trasno, que era feo de meter medo. Condo aquel viu a Xanín, espetoulle: -Fuche mui xeitoso para chegares até aquí. A ver se es quen a me vencer coas espadas. Escolle a que queiras. Na parede del salón había dúas espadas: uha vella e ferruxenta e outra nova e limpa. Todo convidaba a escolher a nova, pero a princesa achegouse a Xanín e díxolle. -Colle a vella e ferruxenta, que che é mellor. Xanín féxolle caso e colleu a que ela lle indicara e dixo al trasno: -Eu luitarei coa vella e ferruxenta. El trasno riuse porque cuidaba que el rapaz era un fato. Empezaron a se bater coas espadas e axiña Xanín comprobou que a súa cuase que se movía sola e petaba con forza na espada del trasno, el cual caeu vencido de alí a pouco. Xanín púxolle a súa espada na testa e díxolle: -Ou marchas desta terra para sempre ou heiche cortar as orellas e a lingua. El trasno houbo dicir que si e prometeu non volver máis. Despois, Xanín regresou cos sous amigos onde el rei, el cual deulle a mao da súa filla e casaron e foron felices.
FRÍAS CONDE, X., 2000: CONTOS E CANTIGAS EONAVIEGOS, VTP EDITORIAL, XIXÓN. (GALICIA DE CONTO – HÉRCULES DE EDICIONES)