
NO PASAMENTO DE BALDOMIR
Inda que cales, reiseñor, na noite;
inda que morras, luz de inmensa estrela;
inda que n’haxa espírito que escoite
teu maino saloucar, casta fontela,
.
gardamos nós, galegos, os divinos
escintileos de un luceiro ardente,
de unha ave singular os doces trinos,
de unha linfa purísima a corrente,
.
que eres ti, Baldomir, arco sonoro
tendido xa dende Galiza ao Ceo
por espacios de néboa e de zafir…
.
Como resoa eternamente, a coro,
“Dous Amores”, por anxos, en solfeo,
nos ermos sideraes, Baldomir!…
.
FERMÍN BOUZA BREY