
CARRIÓN, Benjamín (Loja, 1897). Filho do poeta romântico Manuel Alejandro Carrión. Ensaista e crítico literário equatoriano, que escrebeu unha novela sobre o desencanto intelectual, “El desencanto de Miguel García” (Madrid, 1929). Foi embaixador do Equador em México e transformou o Instituto Cultural Ecuatoriano na Casa de la Cultura Ecuatoriana. De tendências claramente esquerdistas, apoiou ao rexíme popular cubano de Castro. O seu primeiro libro foi o intelixente e comprehensivo estudo: “Los creadores de la nueva América” (Madrid, 1928) em colaboraçón com José Vasconcelos, Manuel Ugarte, F. García Calderón e Alcides Arguedas. “Mapa de América” (Madrid, 1930) trata dos seguintes escritores: Teresa de la Parra, Jaime Torres Bodet, Visconde de Lascano Tegui, Pablo Palacio e Carlos Sabat Ercasty. “Atahualpa” (México, 1934) trata da conquista do grande império inca. Os seus libros posteriores xa non tenhem a importância dos anteriormente mencionados, mas “El nuevo relato ecuatoriano” (1950-1951, dous volûmes) resulta um estudo útil com unha antoloxía de autores bastânte representativos.
OXFORD