
O mal de quem a causa non se sabe, milágre é acertar na medicina. Don Quixote, dixo isto. Concebido da pena de amor, etc… Os seus amores forom: Dorotea, Lucinda, Anxélica, Dulcinea del Toboso. Xunto à porta, o dia quatro de Xulho de 1920. Domingo, em que estívem com María Rosa da Costa, na sua casa, xá algo diferente. E, polas expressóns que me deu, o amor estaba totalmente disminuído. Quase se pode dizer, que agora só existía um recordo. E, era ou non, unha aparente inclinaçón de bondade. Lembro-me, que antes do dia quatro, no lugar da Minada da Portela, falei com ela, e na sua maneira de quadrar dixo, que me había de botar dalí a baixo (entenda-se do átrio). Isto parece que foi o trinta de Xunho de 1920, no tempo das cereixas maduras.
MANUEL CALVIÑO SOUTO