Arquivos diarios: 16/02/2023

A FILHA PRÓDIGA E O CIRCO DA DIREITA (III)

Ponteareas é un gran concello, dos máis importantes do noso país, que se merece ter unha dereita seria, preparada e solvente, aínda que sexa na oposición. Ponteareas e a veciñanza de ideario conservador merecen un candidato ou candidata que o sexa por méritos propios e non por ser quen é ou de quen ven sendo; un lider ou lideresa que saíra adiante na vida co seu esforzo e capacidade profesional como traballador, autónomo ou empresario e non a conta de postos políticos conseguidos a dedo para vivir toda a vida da sopa boba da política, parasitando a cousa pública; un ou unha dirixente competente e, polo tanto, capaz, cando menos, de articular unha intervención pública ou unhas declaracións aos medios de comunicación cuns estándares mínimos de calidade. Ponteareas merécese que a alternativa conservadora estea liderada por alguén que, se perde as eleccións, non abandone aos seus votantes para recolocarse en confortabeis despachos da Xunta; por alguén que teña feito na súa vida algo por Ponteareas en lugar de ter vivido a conta de Ponteareas; por alguén que teña feito na súa vida algo pola xente, aínda que sexa nunha comunidade de montes, nunha traida veciñal, nunha casa cultural ou nun club deportivo. En definitiva, por alguén que chegue a esa responsabilidade como resultado da meritocracia e non do nepotismo. Hai quen pensa, e axiña o veremos, que o marketing político pode converter a noite no día e trasformar a maior das incapacidades nun exemplo de gran xestión. Como Alcaldesa de Ponteareas, entre 2000 e 2003, a agora candidata do PP, dende a súa defensa de Puenteareas e a súa negativa a retirar o busto de Franco da Praza Maior, acelerou a desfeita urbanística con licenzas para ducias de edificios anuladas polos tribunais, provocou ordes de derrubo de instalacións de empresas, inaugurou a máis grave etapa de parálise da historia de Ponteareas coa suspensión das normas urbanísticas e protagonizou nos anos seguintes a división e confrontación dentro daqueles desgobernos municipais que, coas súas liortas, tiveron empantanada a Ponteareas até 2015. E iso non hai marketing que poida borralo da memoria colectiva do noso pobo. Todo ese electorado conservador que agardaba do PP unha proposta electoral de altura, hoxe séntese defraudado, estafado e enganado, pero non está orfo. E non está orfo porque as vindeiras eleccións son municipais, os comicios nos que, por enriba de todo, se vota ás persoas. Esa será a mellor oportunidade para que a súa decepción e o seu desengano se transformen en ilusión, deixando a un lado as diferenzas ideolóxicas e dando o apoio con decisión a aqueles que nestes últimos oito anos demostraron á fronte do Concello, traballo, dedicaçión e esforzo dende a honradez; capacidade de xestión e grandes logros históricos dende a humildade; espíritu de superación fronte a unha terríbel pandemia e o falecemento dun alcalde inesquecíbel e, ante todo, amor e entrega a Ponteareas e á súa veciñanza.

ROBERTO MERA COVAS

ROUSSEAU (INVENTAR UNHA FALA)

Nos “Esboços das Confissóns”, Rousseau declara ter-se visto compelido a “inventar unha linguaxem”, ao questionar-se sobre o tom e o estilo adequados “para destrinçar este caos de sentimentos tán diversos, tán contradictórios, frequentemente tán vis e algunhas vezes tán sublimes polos quais fui incessantemente perturbado (…) Direi cada cousa como a sinto, como a vexo. Ao entregar-me ao mesmo tempo à lembrança da impressón recebida e ao sentimento presente, pintarei duplamente o estado da minha alma, isto é, no momento em que o facto aconteceu e no momento em que o descrevi”. Como assinala Jean Starobinski em “Jean-Jacques Rousseau, A Transparência e o Obstáculo”, “a perspectiva parte agora do instante presente. O presente governa o espaço retrospectivo em vez de ser esmagado por ele. Rousseau descobre que o passado se produz e se axita em si, no surximento de unha emoçón “actual”… só aqui se mede toda a novidade que contém a obra de Rousseau. A linguaxem converteu-se no lugar de unha experiência imediata, enquanto continua a ser o instrumento de unha mediaçón; pode dizer-se que foi o primeiro a viver de um modo exemplar o perigoso pacto do eu com a linguaxem: a “nova aliança” na qual o homem se torna verbo”. O lexislador de “O Contracto Social” também tem de inventar unha linguaxem para falar ao povo, xá que as visóns xerais están demasiado fora do seu alcance e dificilmente percebe as vantaxens trazidas polas contínuas privaçóns que impôem as boas leis. Para que um povo nascente pudesse entender as salutares máximas da política e seguir as regras fundamentais da razón do Estado, sería indispensábel que o efeito pudesse tornar-se a causa e que “fossem os homes, antes das leis, o que devem ser graças a elas”. Por isso, no decurso da história, os lexisladores tiveram de traduzir as suas pretensóns para outra linguaxem e fizeram falar unha autoridade divina a fim de arrastar quem non era possíbel mover mediante a prudência humana; mas, naturalmente, “non cabe a todos os homes fazer falar os deuses nem que acreditem nele quando se anuncia como seu intérprete”.

ROBERTO R. ARAMAYO