
BOUSOÑO. Carlos (Boal, Asturias, 1923). Poeta e crítico. Foi professor nos Estados Unidos e na Universidad de Madrid. O seu libro “Subida al amor” (1945) trata do amor reprimido, da relixión e da Espanha. “Primavera de muerte” (1946) trata do amor e da morte. Seguirom-se outras obras nas que o mundo dos sentidos está cada vez mais presente: “Hacia otra luz” (1951), que xunta “En vez de sueño” aos dous libros anteriores; “Noche del sentido” (1957); “Poesías completas” (1960); “Invasión de la realidad” (1962); “Oda a la ceniza” (1967) e “Las monedas contra la losa” (1973). Os dous últimos ganharom o Premio Crítica em 1968 e 1974, respectivamente. Bousoño opôm-se com a sua obra poética à corrente lacónica e epigramática que se dá em Espanha nesse momento. Escrebeu também como crítico trabalhos notábeis de grande sensibilidade e penetraçón: “La poesía de Vicente Aleixandre” (1950); “Seis calas en la expresión literaria española” (1951), em colaboraçón com Dámaso Alonso; “Teoría de la expresión poética” (1952), na qual busca encontrar unha base científica para o estudo da poesía; “Introducción a ensayo de la teoría de la visión” (1979) e unha antoloxía preparada por el, “Selección de mis versos” (1980).
OXFORD