
Pouco antes da chegada da democrácia construiuse un edifíxio (na rua António Palácios) que deberia, segundo din, cobixar aos sindicatos verticais locais. Ao chegar o novo réxime, xa co edifício rematado e desaparecidos os ditos sindicatos, comenzou unha longa agonia: de ser un inmóbel novo, sen inaugurar oficialmente, de baixo e dous andares, hoxe non é máis que estrutura, cando xa pasaron vários anos. Ninguén sabe onde foron parar nen a caldeira da calefacción, nen os radiadores, nen as portas, as xanelas… Todo o máis, hai uns dous anos, houbo nel unhas paroladas sobre menciña, pero nen para iso prosperou a construcción. O derradeiro expólio del tivo lugar o dia un deste mes, no que un furgón (segundo nos contan) cargou os restos das estruturas de alumínio das xanelas. Convén, xa que logo, desde aquí, chamar a atención das autoridades do que dependen para que lle percuren un destino axeitado antes de que sexa irremediábel.
PUBLICADO EM “A PENEIRA” (ANO I – 1984)