
CANCIÓN CALADA (A NANA DO CONTO)
Eu atopei un reiseñor branco
Xogando na area…
Pero non dixen nada…
.
Unha garza azul buscando auga
Un mono verde xogando
Un pouco de vento correndo
.
Eu atopei un reiseñor branco…
E, anque el non me dixo nada, eu
Souben quen era…
Pero disimulei… e non dixen nada…
.
Vendo o mono xogar…
Vendo a garza beber…
Vendo o vento correr…
.
ALFONSO PEXEGUEIRO.