Arquivos diarios: 25/01/2022

ARAGONTA, RAINHA DA GALIZA (II)

O Boletín Eclesiástico do Bispado de Tui, con data do quinze de Abril de mil oitocentos sesenta, facendo unha análise das casas relixiosas que houbo na diócese, sinala a chegada de Doña Aragonta a esta zona do Condado, arredor do ano 923. Ó mesmo tempo que construia o mosteiro, xuntaba monxas, consagraba a igrexa e dotaba axeitadamente a casa, distribuía entre outras obras pías os seus bens: Ó Mosteiro de S. Lorenzo de Carboeiro deu o lugar de Adcanario, que recibira do rei de Galicia, D. Sancho, en troques de algunhas granxas que constituían parte do dote que lle sinalara D. Ordoño II, segun a costume daqueles tempos. O repouso que acadara a piadosa dona no seu retiro de Salceda, veu-se turbado no ano 964. Por aquelas datas, os habitantes da terra do Salnés, e especialmente os de Noalla, Longa, Loba Morta, Dena, etc…, apoderandose inxustamente daquelas aldeas e nos seus arredores construiron salinas. Acudiu o conde D. Paio, irmán de Doña Aragonta, que fixo presos a aqueles ousados usurpadores. Por mor deste feito, celebrouse unha xunta à que asistiu o Bispo de Santiago, D. Sisnando; a condesa Doña Ilduaria, que tinha a Torre de Lobeira, e Mendo Menéndez. Tamén concurriron Doña Aragonta e os ladrons das terras. Decidiuse que con todas as salinas se fixeran dez partes: unha para o Mosteiro de Camanzo, outra para o de Salceda, outra para o de Celanova, unha cuarta parte para o de Vilanova da Condesa, fundado por Santa Ilduaria, nai de S. Rosendo, outra para o de S. Lorenzo de Nogueira, en Meis, fundado polo conde D. Paio, e para os de Piloño, Lantaño, Pesegueiro e Carboeiro, catro para os homes que fixeran as salinas, e unha para o conde D. Paio e Doña Aragonta e os seus herdeiros. De volta a Salceda, a virtuosa dona entrégase cada vez com mais forza ás prácticas de devoción -Quae sanctan vitam ducebat, di de Doña Aragonta o autor da vida de San Rosendo, pubricada polo P. Flórez, T. XVIII da Esp. Sag.- redobrando os seus esforzos para que fose mais abundante a colleita de méritos que a morte non ia tardar xa en segar. Polo ano 977 finou santamente a mulher que levara unha vida santa, e, como di o P. Flórez, mais groria e tesouros topou no seu retiro de Salceda que nos rexos pazos. A Igrexa, cos seus bens, foi xunguida mais tarde á Dignidade Episcopal. Nun discurso lido na Universidade de Santiago na inauguración do Curso Académico 1923-24 polo Presbítero Dr. D. Pascual Galindo Romero, no que historiaba o Señorío de Tui, aportou uns documentos, confirmando esta donación de Alfonso IX no ano de 1215. Desde entón os vestixios do agrexio pasado fóronse facendo cada vez mais borrosos. O sartego de Doña Aragonta ó parecer foi moito tempo conservado por mans garimosas. É unha verdadeira mágoa que non chegara ata nós algún resto, quizabeis perdido nos alicerces das obras realizadas nos anos seguintes. Queda tamén por averiguar a ubicación exacta do mosteiro nas terras circundantes á Igrexa parroquial, da que a súa porta norte inda hoxe chámanlle “da raiña” os veciños do lugar.

ANGEL S. PORTO UCHA (PUBLICADO NA PENEIRA – ANO I – 1984)

MARX (O ÓPIO DO POVO)

Marx tinha começado um reexame de Hegel nunha obra, “Crítica da Filosofia do Direito de Hegel”, que deixou inacabada; para a mesma obra escreveu unha “introduçón” que publicou nos “Anais”. Neste artigo, de finais de 1843, Marx propón, a partir da situaçón alemán, nada menos que as condiçóns do que chama “libertaçón humana”. Como característica xeral da sua análise destaca o progressivo desvio do olhar para a sociedade civil e a radicalizaçón da ideia de emancipaçón, irreductível xá à emancipaçón política. Vai-se consolidando, pois, a sua tendência para procurar as possibilidades da emancipaçón para além das críticas à relixión e ao estado, apontando a sociedade civil como o lugar que encerra o segredo de todas as formas de alienaçón e misérias ontolóxicas e existênciais dos homes. Neste deslocamento é realçada, precisamente, a insuficiência da crítica filosófica. Quando se compreende que as diferentes formas de alienaçón non tenhem a sua raíz no erro, na ignorância ou na ilusón, ou sexa, em determinaçóns que podem ser combatidas e superadas com a verdade da crítica, quando se entende que a alienaçón está enraizada na vida material, nas condiçóns de existência, entón non resta senón reconhecer que a luta contra a alienaçón tem de incluir a transformaçón da base material onde nasce, cresce e se reproduz, ou sexa, a transformaçón da sociedade civil. A conclusón estratéxica de Marx é coherente: à arma teórica é preciso acrescentar unha arma material, à “arma da crítica” é preciso unir a “crítica das armas”. Esta arma material, novo suxeito da mudança histórica que substitui a Ideia, é o proletariado, que começa a conhecer as suas lutas e a sua funçón productiva. Marx non menospreza a crítica filosófica da relixión, pois “a crítica da relixión é o pressuposto de toda a crítica”, mas entende que foi superada a crítica da relixión como “erro” que a filosofia pode desvelar e corrixir; superou-se a ideia da alienaçón (relixiosa, política ou económica) como mero efeito de consciência que podemos combater com a verdade; superou-se o “erro” de ver a alienaçón como erro, em vez de a ver como o que é, unha forma de ser do home neste mundo, a “verdade deste mundo”: “A relixión é a teoria universal deste mundo, o seu compêndio enciclopédico, a sua lóxica popularizada, o seu pundonor espiritualista, o seu entusiasmo, a sua sançón moral, o seu complemento de solenidade, a razón xeral que a conforta e xustifica. É a realizaçón fantástica do ser humano, xá que o ser humano tem falta de realidade verdadeira. Portanto, a luta contra a relixión é indirectamente unha luta contra esse mundo ao qual dá o seu aroma espiritual”. A relixión non é um acidente do espírito cognitivamente superábel, mas unha forma de existir que expressa ao mesmo tempo a miséria das suas condiçóns de vida real e o confronto possíbel com a realidade da vida: “A miséria relixiosa é ao mesmo tempo expressón da miséria real e protesto contra a miséria real. A relixión é a queixa da dor da criatura, o sentimento de um mundo sem coraçón e o espírito de um estado de cousas embrutecido. “É o ópio do povo”.

JOSÉ MANUEL BERMUDO