
BARRA, Eduardo de la (Santiago de Chile, 1839-1900). Enxenheiro, professor e reitor do Liceo de Valparaíso. Dedicou a sua vida ao ensino das matemáticas e da literatura no Instituto Nacional e na Escuela Militar. Foi colaborador de vários diários e revistas, entre outras, de “La Opinión”, de Valparaíso. Despois da caída de Balmaceda padeceu o desterro. Públicou “Poesías” (1868), “Saludables advertencias al clero chileno y Bilbao ante la sacristía” (1871). Som fundamentais os seus “Estudios sobre versificación castellana”. Foi membro correspondente da Real Academia Española. Dedicou muito tempo e esforço à reconstruçón do “Poema de Mio Cid”. Traducíu a Homero e a Edgar Allan Poe e outros poetas. Foi muito amigo de Darío, a quêm prologou o famoso “Azul” (Valparaíso, 1888), polo qual o seu nome está íntimamente relacionado com o surximento do modernismo Hispâno-Americano.
OXFORD