
Seguem os atrancos às Xuntas de Montes. Repítese unha vez mais a “curiosa” política do noso Concello coas Xuntas de Montes. Esta vez tócalle o turno à de Arcos. Os veciños pretendían arranxar o turreiro da Capela cos restos da pedra dunha canteira do Comunal que está alquilada. O “inquilino” prestábase a levar gratuitamente o morrillo. Enterado o Sr. Alcalde mándalle un oficio no que lle prohibe facer obras sen licencia municipal. ¡Que chiste! Hai veciños que están arranxando aceras e camiños co permiso verbal do Sr. Castro. Outros, neste caso os que lle fan frente para que non lles manexe os cartos dos piñeiros, non poden botar unha pouca de terra no turreiro que é para favorecer a tódolos veciños. Xa D. Quixote dixo aquello de: “cousas verédes amigo Sancho”.
. Escrito
Reproducimos o escrito da Alcaldía, para que sirva de testemuña permanente de como se goberna neste Axuntamento: Ponteareas, 2-11-1984. – Sr. Don Francisco Ambrosio Novas. -PORRIÑO. -Muy Sr. mío: Teniendo conocimiento esta Alcaldía de que Vd. realiza trabajos en la parroquia de Arcos de este Municipio, empleando maquinaria de su propiedad cuyas obras carecen de la oportuna licencia Municipal, por la presente le requiero para que se abstenga de realizar obras en esa o en cualquiera de las parroquias de este término Municipal, que no estén debidamente autorizadas por la corporación. Lo que participo para su conocimiento y efectos. El Alcalde. – Fdo. José Castro Alvarez.
PUBLICADO NA PENEIRA (ANO I – 1984)