A INTERNACIONAL (UM CANTO REVOLUCIONARIO)

O título do poema era xá um desafio. A Internacional (Asociaçón Internacional de Trabalhadores, AIT), fundada o 29 de Septembro de 1864 no curso de unha reunión celebrada no Saint Martin’s Hall de Londres, era a “besta negra” da época. Jules Favre, no tempo ministro de Negócios Extranxeiros e negociador da Paz de Franckfurt, a descrebía assí nunha circular fechada o 8 de Xunho de 1871, ou sexa, alá polos dias em que Pottier compunha o seu poema: “A Internacional é unha asociaçón de guerra e de ódio… Fundada para esmagar as naçóns baixo o xugo de unha espécie de monarquísmo sanguinário, para convertílas nunha vasta tribu empobrecida e amedrentada polo comunísmo, dirixida por xentes dementes e perversas, que axitam o mundo… A última palabra do seu sistema só pode ser o espantoso despotismo de um número reducido de xefes, dominando unha multitude inclinada baixo o xugo, suxeita a todas as servidumes, incluso à mais odiosa: a servidume da consciência, seres carentes de lar, de terras, de aforro, de pregárias, reducidos a um imenso talher, conducidos polo terror e obrigados administractivamente a arrancar do seu corazón a Deus e à família…” A finais de 1887 “A Internacional” foi impresa por primeira vez nunha recopilaçón de cantos revolucionários, prologada por Henri Rochefort. Pottier tinha regressado a França em 1879 (por aquelas datas as amnistías non se faciam esperar demasiado). Propriamente, Pottier non militaba em ningunha organizaçón política, se bem colaboraba no semanário “Le Socialiste”, portavoz do Partido Obreiro Françês e simpatizaba com Jules Guesde, que xunto a Lafargue era líder desse partido. A recopilaçón de Rochefort non tivo resonância particular e o poema de Pottier passou inadvertido. Non tinha chegado o momento do éxito, nem da transformaçón do poema em himno revolucionário. Digamos xá que Pottier nunca chegou a escuitar este canto: pois morreu o 6 de Novembro de 1887 e “A Internacional” foi cantada por vez primeira o 8 de Xulho de 1888, e non em París.

EDMON VALLES

Deixar un comentario