AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (89)

Segunda conversa de Isolina (páxina 85), falaba com Rosa da Perixa de Uma (páxina 84), o 24 de Xunho. O día 31 de Decembro de 1916, fún ó serán, e falei com a dita Rosa, ó vir por casa, Isolina abrazou-se a ela perto do portal, quando estabam a dezassete passos de distância, entregaron-se à fuga, escondendo-se e pechando o portal. Despois, a dita Rosa escorreu-se pola casa de Isolina, cara à eira e escapou pola cancela, mentras esta abríu o portal despois de um intervalo de 10 a 15 minutos, onde me enoxéi com ela fortemente. E por último, em tempos próximos também com a Rosa, mas dunha maneira mais moral, como ressentido, etc… O día 7, mandou-me recado que fora, ó serán a Raimonde, porque por vezes alá iba, que entón por estes días tinha deixado o patrón… Isolina, última definiçón, despedida. O día 20 de Xaneiro de 1917, fún ó serán, e por um acaso encontrei-me ó lado dela, decindo-me que estaba esperando o seu ente querido, dixo unhas frases que expressabam pena e disfarramento, ou satisfaçón; como se expressaba clara e leal, e em palabras rectas, non puidem aproveitar mais nada, mas ponho isto como definiçón e despedida. Porque o párrafo gramatical expressaba esta frase ó fim. Día do Santo Xuício à tarde (unha cruz). Continuando com o discurso, digo que mais tarde me había de fazer unha pergunta, que se a soubéra responder, habíamos de quedar amores para sempre… sí… nón… Dixem-lhe que ma dixéra, contestou que aínda a tinha que estudar. Melhor, para manhám na festa de Santa Baia, que aínda que o mozo se enoxá-se com ela, decindo a dita palabra, había de falar por forza, e dixo que lhe perguntáse a Carmela da Costa que estaba “ad sinistram meam”, eu como non tinha ánimo para perguntar-lhe, acabou falando ela “tú non és para nada, sácate de aquí… Tú non vales para nada!”, e como que deixando sítio para o outro, entre eu e ela, por fím se levantou, decindo ¡¡ Adios !! (e unha cruz), páxina 67, quedei entón falando com Carmela da Costa. O segundo día, apresentou-se no serán com o seu novo amor, ó sair do serán, non os vín, non sei que destino levarón ( o novo amor era Ramón do Benigno).

MANUEL CALVIÑO SOUTO

Deixar un comentario