
Se a senhora Turner había adquirido, ós trinta anos, unha reputaçón tán invexábel e unha fortuna tán quantiosa, e se os visitantes acudían em abundante numero á luxosa residencia no corazón da City londinense. Non era debido ó seu grande talento como almidonadora ou ó afán de procurar-se unha daquelas enormes gorxeiras de cor amarelo enxofre, para as que aquela mulher habilidosa tinha descoberto um almidón milagroso. Mas, também había outras razóns, bastante menos respeitábeis. A química apenas tinha segredos para a senhora Turner e, para a confecçón dos seus engrudos, de diversos perfumes, pastas para a cara e ungüentos de beleza, unía a de productos muito menos inocentes: tais como drogas, filtros e venenos de toda índole. Dito doutra maneira: aquella mulher fermosa e opulenta gozaba de unha inquietante reputaçón de feiticeira que, com toda seguridade, a tería levado à fogueira, de non ter sido frequentada por unha clientéla tán rica como poderosa, à que ela prestaba impagadeiros serviçós. Polo tanto, non experimentou inquietude nem sorpresa quando, unha tarde do mes de Novembro de 1608, recebeu aviso da visita de unha dama muito xovem, muito bela e tremendamente nobre, que precisaba com a maior urxência dos seus serviços. Quêm anúnciou a visita, era nada menos que lord Nottingham, grande almirante de Inglaterra. A xovem, era a sua sobrinha, lady Essex
JULIETTE BENZONI