QUEN POIDERA NAMORALA
No niño novo do vento,
hai unha pomba dourada.
Quen poidera namorala,
meu amigo!
Canta o luar e o mencer,
en frauta de verde olivo.
Quen poidera namorala,
meu amigo!
Ten aer de frol recente,
cousas de recen casada.
Quen poidera namorala,
meu amigo!
Tamén ten sombras de sombra,
e andar primeiro de río.
Quen poidera namorala,
meu amigo!
.
