Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Arquivos diarios: 22/11/2018
¿SON ÚNICAS AS LÉIS QUE DETERMINAM O UNIVERSO? (F12)
A terceira pergunta aborda a questón de se as léis que determinam o comportamento do universo e dos humanos son únicas. Se a resposta à primeira pergunta é que Deus criou as léis, entón esta terceira questón formula-se como ¿ Tivo Deus unha diversidade de opçóns para escolhe-las? Tanto Aristóteles como Platón acreditarom, como Descartes e posteriormente Einstein, que os princípios da natureza existem por “necessidade”, é decir, porque son as únicas léis que tenhem consistência lóxica. Debido à sua crença na orixem lóxica das léis da natureza. Aristóteles e os seus seguidores sostiverom que era possíbel “deducir” ditas léis, sem prestar demasiada atençón a como a natureza se comportaba realmente. Isso, e o ênfase no “porque” os obxectos seguem leís, mais, que nas léis específicas que seguem, conducíu-os a léis basicamente qualitativas que a miúdo eram erróneas e que, em qualquer caso, non resultarom ser demasiado úteis, aínda que dominarom o pensamento científico durante muitos séculos. Só muito mais tarde, xente como Galileo se atrevéu a desafiar a autoridade de Aristóteles e a observar o que a natureza realmente facía, mais do que a pura “razón” decía que debería fazer. Este libro está enraizado no conceito do “determinismo científico”, que implica que a resposta à segunda pergunta é que non há milágres, ou excepçóns às léis da natureza. Sem embargo, voltaremos a tratar de novo em profundidade as perguntas um e três. As questóns de como surxiram as léis e por qué som as únicas possíbeis. Mas antes, no capítulo seguinte, dedicaremo-nos à questón do que é o que descrebem as léis da natureza. A maioría dos científicos diríam que som reflêxos matemáticos dunha realidade exterior que existe independentemente do observador que a contempla. Mas à medida que vamos examinando a nossa maneira de observar ó nosso redor e de formar conceitos sobre el, surxe a pergunta de ¿temos realmente razóns para acreditar que existe unha realidade obxectiva?
Publicado en Uncategorized
