Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Arquivos mensuais: Setembro 2018
AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (63)
Mesa Adivinhatória. Dixo-me que tudo era obra de bruxaría, tanta e tamanha, como para nunca mais levantar cabeza. E aínda porriba, que ma tinham dado a comer. A mim só ma tinham dado a comer, mas por culpa de amores, para que me tronzara as ideias e a sorte, para que xamais passara daquel sítio. Remédio: recomendou-me purga de contra-malefício, exorcismos contra malefícios, evanxelhos e bendicións (pag. 82). Sonho: o 10 de Maio de 1916, de noite sonhei (despois de rezar um exorcismo), que andaba passeando por um caminho e entrei nunha casa onde estaban unhas poucas de mulheres e um home para facerme os Evanxélhos, e ven-me a ideia dos acontecimentos da pag. 54 – 55 (crannêan), que estaba para non participar neles. O home colocado nunha mesa lendo, despois deixou-me quedar solo na cozinha com um pucheiro de carne, eu quentei a carne, e quando el chegou, xa tinha quase a carne toda comida. Entón, dixo. Xá a comeches? Debías ter esperado! Ouvín unha voz por intuiçón, que me dixo: ¡Era preciso que trouxeras um par de pesinhos, xá que así sem nada! Ambo-los sítios non os conhecín, mas por intuiçón, pareceu-me ser… Trancoso (pag. 83)… Adivinhatória. Obispo na Franqueira: o 22 de Maio sonhei que estaba no monte de Matamá, sentado com Preciosa do Pachugo falando amorosamente e abrazado, e ela me dixo, mas tú non casas comigo, e eu decindo que sí… non se derramou por mim o leite dos… Sonhei, que minha nái estaba doente e que tinha a criada velha (Ganeca), polo día 12 de Xunho de 1916, fún á Franqueira, onde estaba o Obispo, e tivem por notícia certa que Pra. andaba prenhada, xa o tinha sabído um tempo antes. O 24 de Xunho de 1916, fún ás vispras ó Crasto e comecei a falar com Rª de Uma (criada da Perixa)…
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized
POPPER CONTRA KUHN (RACIONALISMO CRÍTICO CONTRA HISTORICISMO RADICAL)
Neste livro son analisadas e comparadas as concepçóns dos dois filósofos da ciência mais influentes do século XX: Karl Popper e Thomas Kuhn. A sua influência exerceu-se (e ainda se exerce) muito além do estreito círculo da filosofía académica. No caso de Popper, um grande número de conceituados representantes das ciências naturais, das ciências sociais e da política declaram-se explicitamente “popperianos” ou reconheceram a sua dívida intelectual para com Popper. Exemplos notórios son o astrofísico Hermann Bondi, o prémio Nobel da Bioloxía Jacques Monod, o prémio Nobel da Economía Friedrich von Haysk, o historiador de arte Ernst Gombrich, o chanceler alemán Helmut Schmidt ou o financeiro multimilionário George Soros. Todos eles, e muitíssimos mais, consideram que a metodoloxía científica desenvolvida por Popper e as suas propostas relativas ao melhor modo de reformar a sociedade se revelaram um guia essencial para as suas próprias reflexóns e para o seu trabalho. Quanto a Kuhn, os seus textos sobre a dinâmica das revoluçóns científicas non só tiveram um profundo impacto na filosofía da ciência da segunda metade do século XX como contribuíram de forma decisiva para o estabelecimento de toda unha nova disciplina, os estudos sobre a ciência (science studies em inglês), que abrange, além da epistemoloxía em sentido estricto, a história, a socioloxía e a psicoloxía da ciência, bem como o estudo das relaçóns entre esta e a política. Mas, além das pessoas (cientistas, filósofos, políticos) que reconhecem explicitamente ter-se inspirado no pensamento de Popper ou de Kuhn, a influência, digamos “subterrânea”, dos dois autores revela-se no facto de, hoxe em día, muitas pessoas que mal ouviram falar de um ou de outro utilizarem, na sua linguaxem corrente, expressóns criadas por eles e que desempenham um papel central nas suas concepçóns – expressóns como “sociedade aberta” (Popper) ou “mudança de paradigma” (Kuhn). É a marca indiscutível de um impacto vasto e profundo na sociedade. A filosofía da ciência, isto é, a reflexón filosófica sistemática sobre a natureza do conhecimento científico, é um ramo da filosofía relativamente recente, com pouco mais de um século de existência. Mergulha, é claro, as suas raízes nunha disciplina filosófica muito mais antiga, a epistemoloxía ou teoría do conhecimento, mas esta é normalmente entendida como a reflexón filosófica sobre o conhecimento humano em xeral, e non como um estudo do que é específico do conhecimento científico. Podemos dizer que a filosofía da ciência é unha forma particular da epistemoloxía xeral.
C. Ulises moulines
Publicado en Uncategorized
TUDO SE VEU ABAIXO EN POUCO TEMPO
Tense dito que o maxistério foi o sector máis represaliado na guerra civil e na dictadura franquista. O rexeitamento producido polos cambios materializouse na represión contra as mestras e os mestres a partir do 18 de Xullo de 1936. Quitar o crucifixo da aula ou casar civilmente eran probas acusatórias contundentes. Había que introducir castigos exemplarizantes como prevención para o futuro. Máis de 60.000 mestres e mestras foron depurados en todo o Estado español. Na provincia de Pontevedra, a comezos de setembro de 1936, o Gobernador Civil, Ricardo Macarrón, facía pública no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra (B.O.P.P.) a relación dos 438 (343 mestres e 95 mestras) que “se suspenden de sus cargos”. Aproximadamente unha cuarta parte da totalidade do maxistério provincial, dado que Pontevedra contaba entón cunhas 1.700 escolas. Dos 64 concellos da provincia soamente en tres (Mondariz Balneario, Pontesampaio e Portas) non houbo destitucións (Porto Ucha e Vázquez Ramil, 2018). No Concello de Ponteareas, quedaron sen escola 15 (12 mestres e 3 mestras), un terzo do maxistério primario, cuxa totalidade estaba nuns 45. Arredor deles xira o groso da depuración (Táboa I). Xa antes, o 20 de xullo de 1936 fora morto no antigo campo da feira de Pontevedra o mestre nacional do Confurco (Xinzo), Manuel Iglesias Filgueira, natural de Mourente. Tiña 31 anos e estaba solteiro. No pasado ano 2016 dedicamos un espazo da revista Pregón na súa memoria. Pero iso foi só o comezo. Pouco despois, o 11 de novembro de 1936 Franco asinaba en Salamanca o Decreto 66 do Goberno polo que se regulaba a maquinaria da depuraçón. Para o persoal do Maxisterio creáronse as famosas “Comisións D”, en realidade unha por província. Compoñian esa comisión un profesor de Instituto (Presidente), un inspector de Primeiro Ensino, dous mestres e un representante dos Pais de Familia, que examinaban a documentación e enviaban “á superioridade” a proposta de resolución, con distintas sancións ou cos pronunciamentos favorábeis. O proceso acadou ata 1942, como queda tamén reflectido na (Táboa I) para o concello de Ponteareas. Ademais dos separados provisionalmente en 1936, foron castigados con traslado e/ou suspensión de emprego e soldo Angel Lino Rodríguez Alonso (mestre de Bugarín), Segundo Eiras Abad (de San Mateo de Oliveira) e Manuel Díaz Prieto (de Xinzo). Os demais foron confirmados nos seus cargos, se ben D. Marcial Viéitez Pérez, mestre de Santiago de Oliveira que figura con esa resolución sen ningún tipo de sanción, morrera xa antes, en 1938. Ángel Rodríguez Gallardo, en “O ruído da morte”, “A represión franquista en Ponteareas” (1935-1939) (2006; 129-130) aporta tamén algúns datos. Non é sinxelo concretar o número exacto dos depurados/as, porque nas resolucións figura o nome da escola (da parroquia ou do lugar), que pode corresponder a concellos distintos.
anxo serafín porto ucha e raquel vázquez ramil
Publicado en Uncategorized
HENRI BERGSON (UNHA METAFÍSICA À ALTURA DOS TEMPOS)
Embora a metafísica tenha caído em desuso, non abandonou o grande palco sem entoar um último himno à altura das suas pretensóns. É Henri Bergson que, em mais de um sentido, elabora a última grande metafísica do Occidente, integrando todos os saberes do seu tempo nunha filosofía que se apresenta, inmodestamente, como a superaçón da condiçón humana e a “experiência total”. Sendo o seu ponta de lança o “impulso vital” (élan vital), torna-se inevitável recordarmo-nos da vontade de Schopenhauer, que concebeu a anterior grande força metafísica do Occidente. Encontramos aquí, no entanto, contribuiçóns cruciais relativas aos problemas do tempo, da memória e do desenvolvimento da vida que passam a ser redefinidos por completo. Bergson representa o ponto culminante de unha corrente filosófica que, sob a rubrica de “espiritualismo”, acompanhou em segundo plano, qual actriz secundária mas insistente, a filosofía moderna desde Descartes, denunciando todos os abusos do mecanicismo e reivindicando a primazia absolucta da consciência e da vontade. Frequentemente, contudo, o seu excessivo desdém relativamente ao estudo da matéria impediu-o de ser convincente além de alguns círculos reduzidos. Foi necessário um filósofo de unha importância superior, grande renovador conceptual e simultaneamente entusiasta da ciência e mestre do estilo, para devolver a vantaxem ao espiritualismo precisamente no momento em que o cientificismo o submetía a um assédio encarniçado, e o criticismo Kantiano dava a metafísica como morta. Bergeson é alguém de quem, de certa forma, a filosofía francesa estava há séculos à espera. Só agora se volta a afirmar orgulhosa, com o seu novo embaixador à cabeça, hasteando as bandeiras da consciência, da liberdade e da criaçón.
antonio dopazo gallego
Publicado en Uncategorized
DE BULAS E PRIVILÉXIOS
A ponto de terminar 2º ano, acáso em 3º, e habendo rebassado com creces o 8,5 necessário para seguir com a “beca tudo gratuito”, menos um costal de farinha que tinha que apouquinar a meu pái, atrevim-me a prantexar as tribulaçóns do capítulo anterior ó professor de literatura. E respondeu-me que dessas cousas non debía preocupar-me: “Tú a estudar, a ler e a escreber”. O mesmo me respondeu quando lhe dixém que, do tesouro da Catedral, gostába-me muito o Santo Sebastián do Greco. Parecia-me que o mártir romano tinha um algo de mulherío e afeminado. Era como se dixéramos um pouco “puella”, que era como chamábamos no Seminário ós que tiraban a nena. O professor o único que me dixo foi, que cousas se che ocurrem, non penses nisso e procura non desagradar a Deus. Mas, non me botou bronca nem nada. E emprestou-me unha ediçón quase completa, do Lazarilho de Tormes que, para 2º de latím non estaba nada mal; aínda que marcou as páxinas que podía ler e as que non. Á primeira leitura seguím as prohibiçóns à xusta; mas à segunda como aquilo quedaba solto e como coxo, nem caso. Quando os companheiros me vían com o tal Lazarilho, os mais “cenútrios” decían: “esse vai condenar-se”. E os mais perspicáces guinhavam o olho e decían: “esse têm bula”. Bula: dispensa especial para algunhas cousas, que otorgaba a autoridade eclesiástica. As bulas, que trouxem aquí à conversa, eran unha costume antiga da Igrexa. E também um negócio. Isto conta-se xá no Lazarilho de Tormes. E por isso seguramente se me acordáron. Vinha um “buldeiro” polas aldeias predicando a bula, rascabas a alxibeira e xa tinhas permiso para comer carne na quaresma, os que comíam carne, claro, menos ás sextas-feiras, que eran de xexúm e abstinência. Bula, pois, quer decir permiso ou exençón comprados; mais ou menos. Ou algúm tipo de indulxência. Esses priviléxios vinham escritos nunha espécie de documento, papel ou pergaminho, que era a bula propriamente dita. Así andaban as cousas desde facía muitíssimos séculos. A moral no Seminário, podía ser muito estricta, mas a Literatura cuidába-se muito. Xá no 2º e 3º de Latím, lía-mos fragmentos dos clássicos e da novela picaresca; trozos a miúdo expurgados de palabras e ideias impertinentes, mas lía-mos. Eu passei de Marcial Lafuente Estefanía e do “El Coyote”, de Mallorquí, que lía na casa. a Emílio Salgari e a Xúlio Verne, que no Seminário non tinha censura. E de seguida, a Quevedo, a Lope, ó padre Coloma e a Concha Espina. Vencido o desexo dos primeiros días de sair correndo, por saudades da aldeia e da família, os dous primeiros anos passámo-los muito bem. O internato e a clausura eran relativos. Aparte das saídas á catedral, da missa. Todos os sábados e domingos nos levabam a xogar ó fútbol a unha eira ou ós campos de desporto da fábrica de armas, que estabam extramuros da cidade. Non sei porque as chamabam eiras, pois alí non trilhaba ninguém; e tampouco sei porque a aqueles vacíos e imensos pabilhóns lhe chamabam fábrica de armas, pois armas parece que non fabricavam ningunha desde a guerra. Ao sumo; por entón; balas ou cartuchos de caza. Que isso é o que nos parecía a nós. Ibamos em filas de três, muito ordenados e circunspectos, falando baixo para dar exemplo de urbanidade até que o encargado de vixiar-nos ordenaba romper filas como no exército. Os “pelotas” rodeabam ao professor, como nos quadros os discípulos rodeabam a Cristo, e non se separabam de el em toda a tarde. Sempre había algúm cura ou quase-cura vixiando; como padre e como mêstre, decían, non como polícia. Estas humaníssimas matizaçóns tinham muita importância na doutrina da Igrexa; tudo debía facer-se por amor e non por temor, aínda que à larga, e à curta, o que prevalecía era o castigo. Das notas em conducta-hixiéne, aplicaçón, piedade – ressentíam-se para bem ou para mal, as notas das asignaturas. E que terán que ver, nos perguntábamos nós, a velocidade com o toucinho, e a ximnásia com a magnésia. Mas así eran as cousas. Eu quanto ó arrependimento dos pecados, había duas clásses de dores: o de contricçón, pola intrínseca maldade do pecado que facía sofrer a Deus, e o de actricçón que era por medo ó inferno. Ó final, sempre em chamas, do purgatório ou do inferno, que somente se diferenciábam pola sua duraçón: as do purgatório, transitórias; as do inferno eternas. Éstas eram formas de marear a perdiz. Pois a ver que diferença há entre o efímero e o perenne quando te estás achicharrando.
javier villán e david ouro
Publicado en Uncategorized
HANNAH ARENDT (A POLÍTICA EM TEMPOS OBSCUROS).
Nunha entrevista de 1964, quando Hannah Arendt, xá era unha das grandes figuras do pensamento reconhecida nos Estados Unidos, o xornalista fez-lhe unha pergunta sobre o seu papel de filósofa. A entrevistada apressou-se a rexeitar com certa irritaçón a sua inclusón no círculo dos filósofos: “A minha profisón, se é que se pode dizer assim, é a teoría política. Non me sinto de modo algum unha filósofa”. O que nos mostra este desconforto? Talvez a primeira cousa que devamos especificar é que essa afirmaçón cortante non implica da sua parte unha rexeiçón da filosofía, nem a negaçón de um propósito filosófico da sua obra, xá que nada estaría mais lonxe da sua intençón, como veremos ao longo destas páxinas. O que Hannah Arendt critica e rexeita é unha forma tradicional de fazer filosofía, que se pergunta pelo indivíduo sem ter em conta que esse indivíduo (o ser) nunca existe no singular, pois o nosso mundo é habitado por indivíduos plurais, e, consequentemente, a pluralidade humana e a comunicaçón com os outros devem constituir, na verdade, as condicionantes da ocupaçón filosófica. Em sua opinión, os filósofos (em especial Platón, mas também outros, como Heidegger) non tiveram em conta a esfera da pluralidade humana, que non é mais que a esfera da política, a esfera dos assuntos humanos em comúm. Esses filósofos, salvo raras excepçóns (como Sócrates), entenderam que afastar-se do mundo partilhado dos assuntos humanos era inerente à experiência filosófica, desvalorizando as experiências relacionadas com o viver e o axir desses indivíduos plurais num mundo partilhado, ou sexa, com as experiências eminentemente políticas. Assim, “filosofía” e “política” serán para Hannah Arendt termos practicamente opostos ou, pelo menos, em permanente tensón non resolvida. Neste sentido, o seu propósito será orientado para pensar (filosoficamente) sobre fenómenos políticos como a acçón, a revoluçón, o poder ou a violência. Assim, como teórica política, a tarefa que Hannah Arendt enfrenta é a de pensar as experiências políticas vividas. O motivo e a preocupaçón que a movem é compreender o que se passa, compreender o mundo que a rodeia, em toda a sua barbárie e grandeza. Um mundo no qual vivem tanto Eichmann como Sócrates. E isto non corresponde tanto a um interesse académico ou intelectual como a um interesse vital: “Para mim o essencial é compreender, eu tenho de compreender”. Deste modo, no seu livro As Orixens do Totalitarismo aborda-se a compreensón de unha sociedade moderna que instaurou a violência extrema, em termos de ruptura com o que foi vivido até esse momento, ou sexa, a compreensón de um fenómeno político radicalmente novo…
cristina sánchez
Publicado en Uncategorized








