O REFÚXIO NO “EXÍLIO INTERIOR”

.

           o refúxio no “exÍlio interior”

               No conxunto dos 33 (27 mestres e 6 mestras da província) que sufriron traslado fora da rexíon galega.  Segundo Eiras Abad, o mestre de San Mateo, tomou o camiño de Palencia, aínda que por revisión de expediente, voltaría despois. Joaquín Martinez Pereira, de Santiago de Ribarteme, foi para Burgos, e Dámaso Giráldez Piña, mestre de Godóns (Covelo), marchou para Valencia.  Todas e todos, sancionados ou non, tiveron que pasar un tempo no desacougo da espera.  Houbo moito medo e decepción.  Uns marcharon cara o exterior, á emigración, como foi o caso de Luis Soto, mestre de Mondariz, que acompanharía a Castelao a América, ou os cursillistas de 1936 Eugenio Soto Groba e Manuel Porto González, alumnos do lembrado mestre de Guláns, D. Gabino.  Peor sorte tiveron os que quedaron no camiño, uns 30 na provincia de Pontevedra foron mortos, fusilados ou “paseados” (Porto Ucha, 2008, 68-82).  Ante tal panorama, a moitas e moitos profesionais do ensino, que sobreviviron á traxédia da (in-civil guerra), o sector máis preparado e máis comprometido co movemento innovador repúblicano, non lles quedou máis saída que sumirse no seu particular “exilio interior”.   De aquilo non se falaba. De aí a necesidade e o compromiso, como sinalabamos no citado Programa das Xornadas da Memória Histórica 2017: “por sacar á luz esta faciana do ensino, esencial para o desenvolvemento dunha sociedade democrática.”

anxo serafín porto ucha e raquel vázquez ramil

Deixar un comentario