Arquivos diarios: 04/09/2018

POPPER CONTRA KUHN (RACIONALISMO CRÍTICO CONTRA HISTORICISMO RADICAL)

.

               Neste livro son analisadas e comparadas as concepçóns dos dois filósofos da ciência mais influentes do século XX:  Karl Popper e Thomas Kuhn.  A sua influência exerceu-se (e ainda se exerce) muito além do estreito círculo da filosofía académica.  No caso de Popper, um grande número de conceituados representantes das ciências naturais, das ciências sociais e da política declaram-se explicitamente “popperianos” ou reconheceram a sua dívida intelectual para com Popper.  Exemplos notórios son o astrofísico Hermann Bondi, o prémio Nobel da Bioloxía Jacques Monod, o prémio Nobel da Economía Friedrich von Haysk, o historiador de arte Ernst Gombrich, o chanceler alemán Helmut Schmidt ou o financeiro multimilionário George Soros. Todos eles, e muitíssimos mais, consideram que a metodoloxía científica desenvolvida por Popper e as suas propostas relativas ao melhor modo de reformar a sociedade se revelaram um guia essencial para as suas próprias reflexóns e para o seu trabalho.  Quanto a Kuhn, os seus textos sobre a dinâmica das revoluçóns científicas non só tiveram um profundo impacto na filosofía da ciência da segunda metade do século XX como contribuíram de forma decisiva para o estabelecimento de toda unha nova disciplina, os estudos sobre a ciência (science studies em inglês),  que abrange, além da  epistemoloxía em sentido estricto, a história, a socioloxía e a psicoloxía da ciência, bem como o estudo das relaçóns entre esta e a política.  Mas, além das pessoas (cientistas, filósofos, políticos) que reconhecem explicitamente ter-se inspirado no pensamento de Popper ou de Kuhn, a influência, digamos “subterrânea”, dos dois autores revela-se no facto de, hoxe em día, muitas pessoas que mal ouviram falar de um ou de outro utilizarem, na sua linguaxem corrente, expressóns criadas por eles e que desempenham um papel central nas suas concepçóns – expressóns como “sociedade aberta” (Popper) ou “mudança de paradigma” (Kuhn).  É a marca indiscutível de um impacto vasto e profundo na sociedade.   A filosofía da ciência, isto é, a reflexón filosófica sistemática sobre a natureza do conhecimento científico, é um ramo da filosofía relativamente recente, com pouco mais de um século de existência.  Mergulha, é claro, as suas raízes nunha disciplina filosófica muito mais antiga, a epistemoloxía ou teoría do conhecimento, mas esta é normalmente entendida como a reflexón filosófica sobre o conhecimento humano em xeral, e non como um estudo do que é específico do conhecimento científico.  Podemos dizer que a filosofía da ciência é unha forma particular da epistemoloxía xeral.

.

C. Ulises moulines

TUDO SE VEU ABAIXO EN POUCO TEMPO

.

               Tense dito que o maxistério foi o sector máis represaliado na guerra civil e na dictadura franquista.  O rexeitamento producido polos cambios materializouse na represión contra as mestras e os mestres a partir do 18 de Xullo de 1936.  Quitar o crucifixo da aula ou casar civilmente eran probas acusatórias contundentes.  Había que introducir castigos exemplarizantes como prevención para o futuro.  Máis de 60.000 mestres e mestras foron depurados en todo o Estado español.  Na provincia de Pontevedra, a comezos de setembro de 1936, o Gobernador Civil, Ricardo Macarrón, facía pública no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra (B.O.P.P.) a relación dos 438 (343 mestres e 95 mestras) que “se suspenden de sus cargos”.  Aproximadamente unha cuarta parte da totalidade do maxistério provincial, dado que Pontevedra contaba entón cunhas  1.700 escolas.  Dos 64 concellos da provincia soamente en tres (Mondariz Balneario, Pontesampaio e Portas) non houbo destitucións (Porto Ucha e Vázquez Ramil, 2018).  No Concello de Ponteareas, quedaron sen escola 15 (12 mestres e 3 mestras), un terzo do maxistério primario, cuxa totalidade estaba nuns 45.  Arredor deles xira o groso da depuración (Táboa I).  Xa antes, o 20 de xullo de 1936 fora morto no antigo campo da feira de Pontevedra o mestre nacional do Confurco (Xinzo), Manuel Iglesias Filgueira, natural de Mourente.  Tiña 31 anos e estaba solteiro.  No pasado ano 2016 dedicamos un espazo da revista Pregón na súa memoria.  Pero iso foi só o comezo.  Pouco despois, o 11 de novembro de 1936  Franco asinaba en Salamanca o Decreto 66 do Goberno polo que se regulaba a maquinaria da depuraçón.  Para o persoal do Maxisterio creáronse as famosas “Comisións D”, en realidade unha por província.  Compoñian esa comisión un profesor de Instituto (Presidente), un inspector de Primeiro Ensino, dous mestres e un representante dos Pais de Familia, que examinaban a documentación e enviaban “á superioridade” a proposta de resolución, con distintas sancións ou cos pronunciamentos favorábeis.  O proceso acadou ata 1942, como queda tamén reflectido na (Táboa I) para o concello de Ponteareas.  Ademais dos separados provisionalmente en 1936, foron castigados con traslado e/ou suspensión de emprego e soldo  Angel Lino Rodríguez Alonso (mestre de Bugarín),  Segundo Eiras Abad (de San Mateo de Oliveira) e Manuel Díaz Prieto (de Xinzo).  Os demais foron confirmados nos seus cargos, se ben D. Marcial Viéitez Pérez, mestre de Santiago de Oliveira que figura con esa resolución sen ningún tipo de sanción,  morrera xa antes, en 1938.  Ángel Rodríguez Gallardo, en “O ruído da morte”, “A represión franquista en Ponteareas” (1935-1939) (2006; 129-130) aporta tamén algúns datos.  Non é sinxelo concretar o número exacto dos depurados/as, porque nas resolucións figura o nome da escola (da parroquia ou do lugar), que pode corresponder a concellos distintos. 

.

anxo serafín porto ucha e raquel vázquez ramil

HENRI BERGSON (UNHA METAFÍSICA À ALTURA DOS TEMPOS)

.

               Embora a metafísica tenha caído em desuso, non abandonou o grande palco sem entoar um último himno à altura das suas pretensóns.  É Henri Bergson que, em mais de um sentido, elabora a última grande metafísica do Occidente, integrando todos os saberes do seu tempo nunha filosofía que se apresenta, inmodestamente, como a superaçón da condiçón humana e a “experiência total”.  Sendo o seu ponta de lança o “impulso vital” (élan vital), torna-se inevitável recordarmo-nos da vontade de Schopenhauer, que concebeu a anterior grande força metafísica do Occidente.  Encontramos aquí, no entanto, contribuiçóns cruciais relativas aos problemas do tempo, da memória e do desenvolvimento da vida que passam a ser redefinidos por completo.  Bergson representa o ponto culminante de unha corrente filosófica que, sob a rubrica de “espiritualismo”, acompanhou em segundo plano, qual actriz secundária mas insistente, a filosofía moderna desde Descartes, denunciando todos os abusos do mecanicismo e reivindicando a primazia absolucta da consciência e da vontade.  Frequentemente, contudo, o seu excessivo desdém relativamente ao estudo da matéria impediu-o de ser convincente além de alguns círculos reduzidos.  Foi necessário um filósofo de unha importância superior, grande renovador conceptual e simultaneamente entusiasta da ciência e mestre do estilo, para devolver a vantaxem ao espiritualismo precisamente no momento em que o cientificismo o submetía a um assédio encarniçado, e o criticismo Kantiano dava a metafísica como morta.  Bergeson é alguém de quem, de certa forma, a filosofía francesa estava há séculos à espera.  Só agora se volta a afirmar orgulhosa, com o seu novo embaixador à cabeça, hasteando as bandeiras da consciência, da liberdade e da criaçón.

antonio dopazo gallego